mércores, 2 de maio de 2012

UNHA VIAXE CON MOITA ARTE

Resultou moi interesante a excursión de hoxe a Coruña para visitar o Castelo de San Antón e o Museo de Belas Artes.
Pasámolo en grande comprobando como é un castelo , vendo que cousas se gardan dentro agora que é un museo e estivemos moi atentos as explicacións de Paula e Inés, as nosas guías.
No Museo de Belas Artes fixemos un percorrido para comprobar como as árbores e os bosques están presentes na arte.
Descubrimos o que é unha escultura e os diferentes materiáis que se utilizan para esculpir: madeira, granito, martelo,  cincel ...
Para rematar nos contaron un precioso conto dunha árbore dos desexos e nos mesmos plasmamos os nosos  nunha fita que despois colgamos nunha árbore fora do museo.
Esperamos que todos se cumplan!!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario