domingo, 20 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA: O NOSO TRABALLO

O venres fixemos unha posta en común do traballo feito na semana da prensa.
O primeiro que fixemos foi diferenciar un xornal de información xeral de un xornal deportivo.


O seguinte paso foi localizar nun mapa as cidades onde se editan os xornais deportivos mais coñecidos e despois na pizarra dixital relacionamos xornais e cidades  antes de facelo de forma individual nunha ficha.


A continuación colocamos estes xornais nunha liña do tempo.


Buscamos as seccións dun xornal xeral e dun deprtivo para comparar .


Comprobamos cal é o deporte que ten mais presenza nos xornais deportivos
.

Buscamos información sobre os xogos olímpicos.


Buscamos noticias que falaran do deporte feminino.


Como recompensa ao traballo xa temos o noso carné de xornalista!

Ningún comentario:

Publicar un comentario