xoves, 28 de abril de 2016

VISITA A BELAS ARTES

Un ano mais visitamos o museo de Belas Artes en A Coruña e unha vez mais resultou un éxito.
Explicáronnos  como se facían os retratos na antigüidade, xogamos  ao "vexo, vexo" co cadro "Vista da Coruña1830" de  Lugrís González e coloreamos a Torre de Hércules.
Tentamos imitar a escultura " Corredor" despois de analizala.
Diante do cadro " A apoteose de Hércules" contáronnos unha divertida historia de Hércules e Xerión.
Amosáronnos as ferramentas que se usan para esculpir e que usaron para facer a escultura " Árbore"
E para rematar tranformamos o cadro " As mariscadoras" de Seoane con diferentes elementos: plastilina, papel celofán, pinturas...
Grazas a xente do museo por este día.





Ningún comentario:

Publicar un comentario