Hoxe fomos de excursión a FRAGA DE SISALDE e tivemos un día estupendo, de moito sol.
Fomos no autobús ata a fraga e alí fixemos un longo percorrido andando. Estivemos moi atentos as explicacións de Oscar y fomos tomando nota das árbores que atopamos poñendo unha marca na ficha que levamos.
Tomamos a merenda ao lado do muiño e despois visitámolo por dentro.
Voltamos para o colexio cansos pero moi contentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario