Os martes e os mécores estamos facendo un desdobre da clase en dous grupos, coa axuda de Raquel, o que nos permite facer actividades que requiren máis atención.
Estes días estamo traballando ( primeiro un grupo e despois o outro) co BEEBOT, un pequeno robot que vive na nosa biblioteca, e coas iconas dos deportes olímpicos.
Despois de tirar o dado temos que buscar a icona do deporte que corresponda no panel do Beebot e darlle as ordes precisas para que chegue a icona correcta.
Con esta actividade estamos traballando: a discriminación visual, a orientación espacial, o conteo, a colaboración entre parellas e sobretodo aprender a pensar antes de actuar.
E ademáis divertímonos moito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario