Hoxe empezamos a conta atrás para os Xogos Olímpicos de Rio 2016 con un encontro na Bibliobn.
Vimos unha presentación, situamos no mapa Brasil e Rio, coñecemos as mascotas e presentamos os calendarios que usaremos para a conta atrás e o cartel no que anotaremos os días que faltan.
Xa na clase fixemos a primeira das actividades: contamos cantos días faltan para a cerimonia de apertura, escribimos o número no cartel e colocámolo no patio xunto cos das outras clses.
Agora teremos que contar para atrás todos os días !
Ningún comentario:
Publicar un comentario