domingo, 4 de xuño de 2017

MODIFICANDO O AVANCE DO ESCORNABOT

No taller TIC tivemos que facer modificacións no avance do escornabot, reprogramando o Arduino, para traballar coas pezas KAPLA.
Previamente na clase tivemos que facer o seguinte: medir o que avanza o escornabot, medir unha peza Gigi, coa que xa traballamos, medir unha cuadrícula da plantilla do escornabot e por último medir a lonxitude unha peza KAPLA.
Anotamos todos os datos nunha taboa de dobre entrada.
Xa no taller TIC fixemos os cálculos para saber canto ten que avanzar o escornabot.
tedes máis información no blog de TICs



Ningún comentario:

Publicar un comentario