Que divertido é o medo! Iso pensamos despois da visita a biblio BN para ver a exposición de libros para o Samaín.
Tamén apareceron na clase as primeiras cabazas taladas, unha delas prehistórica! Isto fíxonos pensar se na prehistoria habería Samaín e a que lle terían medo os cromagnons. Despois de reflexionar un rato parecenos que lle terían medo aos animais grandes, coma ao oso cavernario pero tamén a animais pequenos coma as arañas, os morcegos. E seguro que tamén había bruxas e pantasmas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario