mércores, 31 de outubro de 2012

TERRORÍFICO SAMAÍN

Hoxe foi un día terrorífico: completamos a nosa exposición de cabazas e visitamos a do colexio de Galán, a onde chegamos en autobús.
A primeira sorpresa que tivemos foi un rico arrecendo a cabaza, despois entramos no colexio para ver as caveiras que talaron os nenos e nenas, pero o que máis nos gustou foi aCOVA DO TERROR que hai na biblioteca e onde  Marga nos presentou a seu dono: o esquelete Manolo.
A mañá rematou con unha merenda onde comemos unhas arañas, uns fantasmas e uns morcegos que nos fixo a mamá de Cintia Seijas. Riquísimo todo!
Se queredes xogar a decorar cabazas, de maneira virtual, visitade o blogue de TICs , pasarédelo de MEDO!


Ningún comentario:

Publicar un comentario