Hoxe intentamos facer fariña como facian na prehistoria: moendo os grans de trigo con dúas pedras. Practicamos con pedras de distinto tamaño e forma e comprobamos que a mellor era a grande e chaira para poñer os grans e unha pequena para machacar. despois de moito machacar conseguimos facer un plato de fariña, foi moi divertido e interesante, ata as mestras o intentamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario