xoves, 22 de novembro de 2012

NA PREHISTORIA TAMÉN COMÍAN VEXETAIS !

Hoxe traballamos na clase cunha noticia dun xornal que nos contaba que na prehistoria ademáis de comer carne dos animais que cazaban, tamén se alimentaban de vexetais. Utilizaban as plantas para facer fariña axudándose de dúas pedras para moelas.
Primeiro vimos a fotografía da noticia que estaba tapada cunha cortina negra e fómola descubrindo pouco a pouco mentres íamos dicindo o que pensamos que se atopaba detrás (un home facendo lume coas pedras, mans que facían azúcar ó machacar a planta, pedras...). logo lemos a noticia para comprobar se o que pensabamos nun principio era certo ou non. Miramos as partes que tiña a noticia e identificamos o titular. Logo pegamos nunha ficha o titular coa fotografía e escribimos as tres palabras clave que nos suxería a noticia: "dieta", "planta" e "harina". Así a trevés do xornal descubrimos outra das maneiras coas que obtiñan alimentos os prehistóricos!
Todo isto grazas a Soraya que traballou a noticia para nós.


Ningún comentario:

Publicar un comentario