Coa axuda do Escornabot estes días estivemos familiarizándonos coas figuras xeométricas con volume: CUBO, ESFERA, CILINDRO, CONO e PIRÁMIDE e relacionandoas con elementos da vida cotiá.
Para esta actividades tamén precisamos unhas tarxetas coas figuras xeométricas.
Un compañeiro elixe unha tarxeta e os demais deberán adiviñar de cal se trata. Despois teremos que atopar a figura no taboleiro ou a imaxe real que representa e programar o Escornabot para levalo ao lugar correspondente.
Deste xeito non só traballamos as firas xeométricas se non que tamén traballamos a orientación espacial: para adiante, para atrás, a dereita, a esquerda e reflexionamos sobre os pasos a dar para chegar a casiña elexida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario