Moi pronto imos empezar co préstamo de libros para casa, XOGAR A LER, polo que coa axuda do Escornabot estivemos dando un repaso as etiquetas dos libros e a descrición de cada unha delas.
Subimos a biblioteca e repasamos o panel das etiquetas.
A continuación fomos lendo a descrición das que figuran no taboleiro e unha vez que identificamos de que etiqueta se trata, programamos ao Escornabot para chegar a cada unha delas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario