xoves, 20 de outubro de 2016

XOGAR A LER

Esta semana empezamos coa nosa actividade de " XOGO A LER", préstamo semanal de fondos da biblioteca do centro para que as familias traballen na casa cos nenos e nenas.
Este ano o caderniño co que traballaremos é un pouco diferente polo que queda aquí información que pode ser do voso interese.
Ista é a plantilla que ampliamos con respecto ao curso pasado e que nas seguintes páxinas terán que copiar os nenos e nenas.

Para que poidades ter unha referencia de como son as etiquetas dos libros aquí tedes esta imaxe.
Deberán debuxala e poñer o texto que a acompaña .

Na aula, e no momento de elexir o libro que levaremos, facemos un rexistro onde poñemos o número, escribimos o título e poñemos a data de préstamo.

Lede detidamente a primeira folla do caderniño onde figuran as recomendacións para que a actividade sexa levada a cabo da mellor maneira posible.
E só me queda desexar que desfrutes coa lectura en compañia dos nenos e nenas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario