xoves, 6 de xullo de 2017

GRAZAS E ATA SEMPRE

GRAZAS por estes 12 anos que me permitistes ser unha veciña máis do Barrionovo, grazas a todos os  nenos e nenas que enriqueceron a miña vida durante todos estes anos, ás familias que nos acompañaron e a todas as persoas que de unha ou outra maneira formaron parte deste BARRIO.
O Barriodecloti cerra por mudanza de todos os seus veciños pero isto non é un adeus senón un...


ATA SEMPRE Y GRAZAS!

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2017

Tedes toda a información do festival de fin de curso 2017 no blog do centro.
Aquí queda a despedida dos nenos e nenas.


xoves, 22 de xuño de 2017

mércores, 21 de xuño de 2017

ENCONTRO FIN DE PROXECTO: A ROBÓTICA NUN PÓSIT

Neste encontro compartimos a nosa experiencia neste proxecto  co resto dos nenos e nenas do centro. Previamente eleximos as palabras clave do que queríamos contar e escribímolas nun pósit .
Xa na biblioteca a medida que pegamos os pósit fomos contando o máis significativo de cada palabra ou palabras.

martes, 20 de xuño de 2017

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: JOSÉ EDUARDO

Remata a okupación das nosas por parte do eccornabot y foi José Eduardo o último en contarnos a súa experiencia, o ben que o pasou el e a súa familia.
Amosóunos a toda a clase o caderniño, onde conta a experiencia, e a plantilla.


Este a explicación do caderniño

A plantilla e a explicación do xogo


Así de ben o pasou na casa