mércores, 29 de febreiro de 2012

INVASIÓN DE SNOOPY

Temos que darlle a grazas a Lucía e a súa mamá por prestarnos a súa colección de SNOOPY. Temos SNOOPYs de diferentes paises y ata un SNOOPY cociñeiro!

venres, 24 de febreiro de 2012

ANIVERSARIO DE ROSALÍA

Hoxe celebramos o 175 aniversario de ROSALÍA DE CASTRO coa lectura dalgunhas das súas poesías. Tamén fixemos as actividades que están colgadas no blog  da biblio BN e unha rosa para levar para casa.



xoves, 23 de febreiro de 2012

ARLEQUÍN

Para rematar o Entroido hoxe  disfrazámonos de arlequín e mirade que guapísimos quedamos.
Ao mesmo tempo traballamos unha poesía de Manuel Machado. Tedes información disto no blog da Biblio BN



sábado, 18 de febreiro de 2012

FESTA DE ENTROIDO

Aquí tedes as fotos da festa do Entroido para que vexades o ben que o pasamos.
Grazas a todos pola vosa colaboración, tamén a todos os nenos e nenas e profesores do Instituto de  Pastoriza pola súa boa acollida.
FELIZ ENTROIDO PARA TODOS E TODAS !


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free slideshow design by Smilebox
No BLOG de VOZ NATURA podedes ver máis fotos 

xoves, 16 de febreiro de 2012

CONCERTO

Estamos preparando o concerto de Mamá Oca coñecendo os instrumentos que escoitaremos ese día.
Podedes ver a presentación das fotos no blog de AL.


SNOOPY ADICTOS

Estes días recibimos unha invitación moi especial : a do 60 aniversario de SNOOPY e nós ímolo celebrar con moitas actividades na Bliblio BN. Cando rematemos teremos o noso carné  de Snoopy adictos. Hoxe xa conseguimos o  segundo selo para o carné.
No blog da biblioteca temos recursos para coñecer mellor a Snoopy e a súa pandilla os Peanuts.





ESTAMOS FANTÁSTICOS

 Así de fantásticos viñemos hoxe o cole. E mañá e o gran día, a festa do ENTROIDO.
Con que nos sorprenderán estes papás e mamás tan creativos??????


mércores, 15 de febreiro de 2012

ÚLTIMO MANDADIÑO

"CON MOITA ALEGRÍA
VIRÁS DE FANTASIA"
Así teremos que vir mañá, fantásticos. Hoxe viñemos cheos de sementes!!!!


martes, 14 de febreiro de 2012

CONCERTO

No blog de AL tedes toda a información do concerto ao que vamos a asistir o día 2 de marzo.

QUE NOS DI O MECO PARA O MÉRCORES?

"NO MUNDO Ó REVÉS
SEMENTES NA COPA
RAICES NOS PÉS"
Así viremos o mércores pero hoxe tedes que mirar as fotos.





luns, 13 de febreiro de 2012

O MARTES ANIMAIS

" ANIMAL SERÁS SE
NESTE BOSQUE ESTÁS"
E iso é o que temos que traer mañá á escola, algún animal que viva no bosque.

XA ESTAMOS DE ENTROIDO

Garazas aos papás, mamás avoas e avós pola vosa imaxinación e mandarnos a escola tan guapísiiiiimoooooss!!!!

sábado, 11 de febreiro de 2012

EMPEZA O ENTROIDO

Xa todo está en marcha para que o venres 17 celebremos a festa do ENTROIDO.
A nosa árbore xa está convertida en MECO onde colgaremos os nosos mandadiños, que tamén poderedes ver no BLOG do centro. Nos xa fixemos un antiface coa profe Pilar.
Sodes capaces de recoñecernos?


Click to play this Smilebox slideshow

xoves, 9 de febreiro de 2012

MISTERIO RESOLTO

Hoxe, por fin, descubrimos o misterio que tan intrigados nos tivo toda a semana: un precioso conto que Mª José nos contou na Biblio BN:  "El camino que no iba a ninguna parte".
Pero antes tivemos que resolver un pequeno problema : alguén  deixou un montón de chocolatinas na clase e tivemos que calcular se había para todos.


mércores, 8 de febreiro de 2012

luns, 6 de febreiro de 2012

CAMIÑO

No blog da biblioteca podemos ver como vai a evolución do novo misterio que temos no cole con un CAMIÑO. Que será?
Podedes mirar aquí.

sábado, 4 de febreiro de 2012

venres, 3 de febreiro de 2012

PARABÉNS IKER!!!

Iker xa ten 4 anos e celebrámolo todos xuntos en clase con unha rica torta de "chuches".PARABÉNS

xoves, 2 de febreiro de 2012

OUTRO MISTERIO?????

Estranos sinais apareceron estes días no colexio: na clase un círculo cun interrogante, na entrada un poste que indica varias dirección....
Que pasará mañá?