xoves, 27 de abril de 2017

POESÍA: O ZOO DAS PALABRAS

Esta vez tocou inventar animais: traballamos o poema " o zoo das palabras" do libro " poemas birollos para ler cos ollos" e cada un elixiu un animal para debuxar e os máis atrevidos decidiron inventar otro.




MEDREMOS COS VOSOS LIBROS V

Esta vez foi a tía de unha nena de 3 anos quen nos fixo medrar un chisquiño máis.

ENCONTXO: KAMISHIBAI

Coa axuda do Kamishibai hoxe Mª José contounos de que cor son os bicos.

VISITA A BIBLIOTECA MIGUEL SANDE.

Vai rematar o Mes do Libro e mañá toca visitar a biblioteca de Pastoriza Miguel Sande.


luns, 24 de abril de 2017

ROBOABEJA

Seguimos investigando para saber o que a ciencia, en concreto os robots, poden facer polos humanos.
Neste caso vimos como os robots poden axudar as abellas e a natureza : vixiando o medioambiente e polinizando as flores.
Sabemos que na Universidade de Harvard crearon roboabellas que son uns micro robots do tamaño de medio clip.





MEDREMOS COS VOSOS LIBROS II

As familias siguen contando e nós medrando.

domingo, 23 de abril de 2017

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2017

No blog da biblioBN tedes in
formación das actividades feitas para este día e a guía de lectura.

xoves, 20 de abril de 2017

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: ALEJANDRO

Alejandro puido desfrutar desta okupación cos seus papás e co seu irmán Miguel e compartiu a experiencia con toda a clase.

No caderno escribiron, el e os seus papás, o que lles pareceu a experiencia.

Esta é a plantilla e as etiquetas que necesitamos para xogar.


As fotos da casa amosánnos o ben que o pasaron.





MEDREMOS COS VOSOS LIBROS I

No NO MES DO LIBRO non podian faltar as familias na nosa biblioteca, esta vez para facernos medrar cos libros.

ROBOTS EN 3R: DANIEL

Reducir, reciclar e reutilizar son as 3R que teñen que cumplir os robots que irán vindo da casa e aquí tedes a explicación que Daniel nos deu de como fixo o seu.

martes, 18 de abril de 2017

ANIVERSARIO: CARMEN

Carmen celebrou os 6 anos cunha tarde de oso que compartiu cos compañeiros e compañeiras.Parabéns!


venres, 7 de abril de 2017

LUGRÍS, PAREDES SOÑADAS

Neta vista á AFUNDACIÓN  xogamos a descubrir diferentes aspectos da vida e obra de Urbano Lugrís e rematamos merendando nos xardíns de Méndez Núñez.

xoves, 6 de abril de 2017

TECENDO CORES

Despois de traballar, nos oficios artesanais, a tecelá decidimos fabricar un tear rudimentario con un cartón e aproveitando unhas las que temos en clase fixemos un pequeno tapiz entre todos que xa colga na parede da clase.


NOVA FERRAMENTA NO RECUNCHO FEDELLEIRO

Podedes comprobar no blog da biblioBN a cara de alegría e sorpresa dos nenos e nenas ao contemplar esta nova ferramenta: dúas mesas multitáctis interactivas.


CONCURSO: ROBOTS EN 3R

A biblioBN convoca un concurso de creación de robots con materiais de refugallo.
Tedes toda a información no blog da biblioteca.

mércores, 5 de abril de 2017

TRABALLANDO CON PAPEL RECICLADO

O papel que fixemos no taller de reciclaxe promovido polo Consorcio das Mariñas utilizámolo para facer uns bonitos marcapáxinas pegándolle   fentos e flores.


martes, 4 de abril de 2017

OFICIOS ARTESANAIS: TECELÁ

Nesta acasión coñecemos o que é un tear e para que serve e como funciona. Vimos como eran antigamente e como son na actualidade.


Así o rexistramos



luns, 3 de abril de 2017

ROBOT NAO

Despois de ler unha noticia no xornal El Pais que fala de sete robot, das súas característica e ultilidade decidimos facer unha comparativa de tamaños e pesos.
Empezamos co humanoide NAO, vimos o que pesa e o que mide e vimos cal é a súa utilidade para fisioterapeutas e profesores.
Aproveitando unha columna que hai na aula e coa axuda de un metro puxemos unha cinta de cor azul da mesma medida do robot e puxemos un cartel co peso e outro coa medida. Faremos o mesmo co resto dos robots para poder comparalos.







DÍA DO LIBRO INFANTIL: MEDREMOS CO LIBRO!

Onte foi o Día do Libro Infantil e nós celebrámolo hoxe na bibliobn.


Tamén se editou unha GUÍA DE LESTURA que levamos para casa.

DÍA DAS ARTES GALEGAS: MARUJA MALLO

Para celebrar este día e homenaxear a Maruja Mallo fixéronse varias actividades na biblioteca.