xoves, 26 de febreiro de 2015

IMITANDO A JUAN DE JUNI

Despois de traballar a JUAN DE JUNI na clase de Arte intentamos imitar a súa sinatura, feita cunha pluma caligráfica antiga, pero usando algo moito máis moderno como é a pluma caligráfica da nosa pizarra dixital.

luns, 23 de febreiro de 2015

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe visitamos a exposición de Rosalia de Castro no CCC de Arteixo  xa que mañá, 24 de febreiro, celebramos o seu día.
Tedes toda a información no blogue da biblioBN.




sábado, 14 de febreiro de 2015

FESTA DE ENTROIDO

A chuvia quixo estropearnos a festa do Entroido pero non o conseguíu, paseamos polo barrio, comemos moi ben e pasamolo en grande. Podedes comprobalo nas fotos.
Tedes máis información no blogue da eei de Barrionovo e no blogue da biblioBN

martes, 10 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ

Hoxe, por fin, puidemos celebrar o Día da Paz. Acompañados das familias fomos ata a Rúa da Paz coas nosas pancartar e facendo moito ruido.

ENCONTRO COA DGT

No blogue da biblioteca tedes toda información do encontro  con  Rosa e Rocio da DGT.

luns, 9 de febreiro de 2015

MANDADIÑO DO LUNS

Hoxe fomos saudar ó meco para facernos unha foto e amosarlle os carteis das nosas rúas.
Se queredes saber máis do Entroido Galego visitade o blogue BARRIONOVO FALA GALEGO.


domingo, 8 de febreiro de 2015

TEMPO DE ENTROIDO

Esta semana vai ser moi especial: celebraremos o ENTROIDO e xa comezaremos  este luns cos mandadiños e remataremos o venres coa festa.
Dos mandadiños tedes información no blogue da EEI DE BARRIONOVO e no blogue da biblio BN tedes unha morea de recursos para poder xogar.




SEGURIDADE VIAL

Marcos Bermúdez, papá de Martina, déunos  unha intensa charla de como cumprir as normas de tráfico para  que nos desenvolamos con seguridade na vida diaria.
Deberemos ter estes consellos en conta cada día!


UNHA DE REBOTS

Tucho e Xoán de BricLabs presentaron na biblio BN os robots, escornabots, que nos acompañarán na escola un tempo. Tamén nos fixeron un encargo: temos que construir outro entre todos.
 Seremos capaces de  cumprir o reto?


Así vimos nós aos escornabots




domingo, 1 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ

Aínda que non se puideron completar todas as actividades do Día da Paz, das que se levaron a cabo dentro do centro tedes información no blogue .