luns, 29 de febreiro de 2016

RELEVO INFORMATIVO: MICHELE E LUCÍA

Natación por parte de Michele e esgrima por parte de Lucía son os deportes dos que tivemos información estes días.


Despois de compartir a información co resto da clase, buscamos as iconas, dos dous deportes e cada un pegou a súa foto  nas escaleiras.


domingo, 28 de febreiro de 2016

BOCADIÑOS DE ACELGAS

Esta vez cociñas uns bocadiños de acelgas e o primeiro que tivemos que facer foi unha lista coas cousas que tiñamos que mercar para a receita.
Cando xa tivemos todo lemos a receita para ver as cantidades dos diferentes ingredientes e  os pasos que hai que seguir para facer os bocadiños antes de metelos no forno.






mércores, 24 de febreiro de 2016

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

O día comezou na biblioteca onde os nenos e nenas de 5 anos nos recitaron un poema de Rosalía e nos amosaron o stopmotion que fixeron na mesa de luz coas letras do Scrabble.
Ese mesmo poema traballámolo na clase e para casa levamos, como agasallo, o poema que montaron na clase de 5 anos coa rosa que fixemos con Mª José .






mércores, 17 de febreiro de 2016

PLANTANDO CEBOLAS

As plantacións do noso horto van mudando coas estacións do ano e agora toca plantar cebolas , xa estamos desexando que medren.

EL REBAÑO

Cando non podemos durmir contamos ovellas pero estamos seguros que isto lles gusta as ovellas?     A todas non como puidemos comprobar cando Mª José   leunos o libro " EL REBAÑO".
 




luns, 15 de febreiro de 2016

OS NOSOS XOGOS: CARREIRA DE SACOS

O xogo deste mes pídenos que corramos moito pero metidos nun saco!


ENCONTxO : DE AMORES

Este foi un encontXo moi amoroso e moi doce: despois de que Mº José nos contase o conto " Cuando un elefante se enamora" na clase fixemos os nosos elefantes con un rolo de papel hixiénico e como agasallo levamos para casa unha piruleta en forma de corazón .

domingo, 14 de febreiro de 2016

RELEVO INFORMATIVO: ANXO E MANUEL

Dous novos deportes trouxo o noso relevo informativo: tiro con arco, que trouxo Anxo e besibol que trouxo Manuel.


Despois de explicar aos compañeiros e compañeiras a información que trouxeron da casa buscamos a icona nas escaleiras e pegamos as fotos.


mércores, 10 de febreiro de 2016

FOTOMATÓN E VÍDEO OLÍMPICO

Aquí tedes a información do resto de  actividades do Entroido : o vídeo olímpico e o fotomatón de Tito Longueirón.



venres, 5 de febreiro de 2016

ENTROIDO OLÍMPICO 2106

Grazas as familias por colaborar con nós para que a festa triunfe.
Feliz Entroido para todos e todas!






mércores, 3 de febreiro de 2016

O ENTROIDO EN POESIA

Este é o traballo que fixemos coa poesía " O ENTROIDO" do libro Cantos de sol a sol de Xosé Neira Vilas,  escritor galego recentemente falecido.
Sirva como homenaxe a tan insigne persoa.





MANDADIÑO MÉRCORES

Hoxe tocaba medalla, e menudas medallas as nosas!



martes, 2 de febreiro de 2016

luns, 1 de febreiro de 2016

O ENTROIDO A MANDAR E NÓS A FACER!

O primeiro MANDADIÑO deste Entroido eran uns aros olímpicos e aquí tedes o resultado,
Que nos pedirá para mañá?