xoves, 31 de maio de 2012

TRANSFORMANDO A KLIMT

No blog de A L podedes ver o bonita que quedou  a actividade feita no taller de TICs con Aida sobre KLIMT.

VISITA AO IES DE PASTORIZA

Hoxe fomos de visita ao IES de PASTORIZA para ver unha exposición de libros que fixeron na biblioteca entre alumnos e profesores.
Recibíunos unha profe, Goretti, que nos amosou  que hai libros grandes, pequenos, antigos, de diferentes paises e escritos en diferentes idiomas.
Despóis contóunos un conto e por último visitamos a exposición de alimentos que hai no corredor do instituto.
Tamén tivemos tempo de xogar un ratiño no patio e compartir o tempo cos maiores.
Voltamos a escola cargados con un marcapáxinas e unha piruleta.
Grazas a todo o Instituto por atendernos tan ben.


mércores, 30 de maio de 2012

FESTA DE VOZ NATURA

O próximo sábado, día 2, celebrarase a festa de VOZ NATURA. Hoxe María e Mª José foron a colocar a nosa parte da exposición para que  todos a  poderemos ver o sábado.
Esperámosvos a todos para desfrutar dun  fántastico día.
Máis información no blog de Voz Natura.

martes, 29 de maio de 2012

VISITA DE PINTO & CHINTO

Por fin tivemos a tan esperada visita de Pinto e Chinto no colexio. Foi unha visita moi completa: contáronnos cousas da súa vida e do seu traballo, de como un debuxa e outro escribe os contos.
Léronnos varios relatos do libro " MINIMALARIO", ou mellor dito, Carlos leu  e David debuxou.
Despois fomos nós os que debuxamos e moi ben, por certo .
Foi unha experiencia inesquencible!
GRAZAS AOS DOUS POR COMPARTIR ESTE TEMPO  CON NÓS
Tedes máis información na Biblio BN.





luns, 28 de maio de 2012

PREPARANDO UNHA VISITA

Como preparación para a visita de mañá de PINTO E CHINTO,  Mª José, coa axuda de Aida, contóunos o conto "A maceira que daba calquera cousa menos mazás".
Xa nos tarda en chegar o martes!
Tedes máis información no blog da Biblio BN.

domingo, 27 de maio de 2012

VISITA DE PILAR

O xoves veu a facernos unha visita a teacher Pilar e deixóunos estes regaliños.
Que os desfrutedes!!





xoves, 24 de maio de 2012

PINTANDO COA BROCHA GORDA

Estamos a preparar a exposicón de Voz Natura  e aínda que non podemos contar moito queremos que vexades o ben que se nos dá pintar coa brocha gorda.
Máis información no blog de VOZ NATURA

UNHA VISITA MOI ESPERADA

O próximo martes teremos un encontro na nosa biblioteca  cos humoristas gráficos Pinto e Chinto, que de seguro será moi interesante .
O día antes teremos un contacontos arredor do libro " a maceira que daba calquera cousa menos mazás"
Tedes máis información no blog da biblio BN.


OS TOMATES DE NICOLÁS

Xa plantamos os tomates e as leitugas que o papà de Nicolás nos agasallou para poñer no horto do colexio.
Darán froito axiña?


mércores, 23 de maio de 2012

PARABÉNS NOA

Parabéns para NOA que hoxe cumpriu 4 anos. Celebrámolo en clase con unha rica torta de chocolate que lle fixo a súa "yaya".

martes, 22 de maio de 2012

OS BOSQUES DE ESPAÑA

Hoxe fomos  nós os que explicamos aos nenos e nenas de 4 e 5 anos o que aprendemos dos bosques de España. Aínda que o fixemos entre todos, foron Noa, Irene e Almudena as que fixeron a presentación e o
fixeron moi ben.


mércores, 16 de maio de 2012

LETRAS E MAIOS

Hoxe rematamos o noso mural do Día das Letras Galegas e os nenos e nenas da clase de 5 anos sorprendéronnos con UN MAIO que fixeron coa " profe" de música Betty.
Foi un bonito remate da semana adicada as Letras Galegas e a Valentín Paz Andrade.



martes, 15 de maio de 2012

LETRAS GALEGAS

Xa empazamos a recibir información de Valentín Paz Andrade, escritor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas.
Para expoñer  as nosas aportacións fixemos un mural que se atopa na entrada do colexio e que iremos completando nos próximos días.
Tamén reinterpretamos unha viñeta de Pinto e Chinto que nos quedou moi bonita.




luns, 14 de maio de 2012

LETRAS GALEGAS 2012

O 17 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a VALETÍN PAZ ANDRADE.
No blog da Biblio BN tedes información  da vida e obra deste escritor.


sábado, 12 de maio de 2012

IMITANDO A KLIMT

No taller de TICS, coa profe Aida, estivemos imitando a Klimt  facendo fotos o noso horto empregando  diferentes marcos.
Podedes ver a presentación no blog de Voz Natura.



BICOS E REBICOS

Aquí temos máis bicos.


TRANSPLANTANDO LEITUGAS

As leitugas que sementamos xa teñen un tamaño apropiado para que as poidamos transplantar .



xoves, 10 de maio de 2012

MAURICE SENDAK

O día 8 deste mes de maio de 2012 nos deixaba MAURICE SENDAK autor e ilustrador de, entre outros libros, " Onde viven os monstruos".
Hoxe no colexio quixemos facerlle unha pequena homenaxe contando, unha vez máis, o seu famoso conto.
Se vos apetece, seguro que si, podedes ver de novo a todos os monstruos no blog da Biblio BN.

mércores, 9 de maio de 2012

martes, 8 de maio de 2012

CANTOS BICOS!!!

No colexio seguimos a bicarnos, agora tócalle aos papás e as mamás.


UN MISTERIO NO HORTO

No conto que a mamá de Camilo, da clase de 4 anos,  nos contou hoxe "MISTERIO NO HORTO" había un gran enigma que ela nos revelou.
Gracias mami.



luns, 7 de maio de 2012

domingo, 6 de maio de 2012

NOTICIAS DA BIBLIO BN

No blog da nosa biblioteca tedes varias noticias : as normas de préstamo de libros e as próximas  actividades con Klimt.

xoves, 3 de maio de 2012

O "XIGANTE" DE LEIRO

Esta é a recreación que fixemos hoxe en clase da escultura de FRANCISCO LEIRO "XIGANTE", que vimos no Museo de Belas Artes e que tanto nos fixo desfrutar.




mércores, 2 de maio de 2012

UNHA VIAXE CON MOITA ARTE

Resultou moi interesante a excursión de hoxe a Coruña para visitar o Castelo de San Antón e o Museo de Belas Artes.
Pasámolo en grande comprobando como é un castelo , vendo que cousas se gardan dentro agora que é un museo e estivemos moi atentos as explicacións de Paula e Inés, as nosas guías.
No Museo de Belas Artes fixemos un percorrido para comprobar como as árbores e os bosques están presentes na arte.
Descubrimos o que é unha escultura e os diferentes materiáis que se utilizan para esculpir: madeira, granito, martelo,  cincel ...
Para rematar nos contaron un precioso conto dunha árbore dos desexos e nos mesmos plasmamos os nosos  nunha fita que despois colgamos nunha árbore fora do museo.
Esperamos que todos se cumplan!!!!









VISITA DE WINNIE THE POOH

Este luns visitounos  Winnie the Pooh en forma de libro da man da irmá de Emma, da aula de 4 anos.
Grazas por regalarnos este preciosos conto.