domingo, 31 de maio de 2015

III CONCURSO DE MAIOS

Así foi o III concurso de Maios do Concello de Arteixo no que participamos con un Maio artístico moi significativo  para todos nós: a escola.


venres, 29 de maio de 2015

VISITA AO MUNCYT

Que interesante a nosa visita ao MUNCYT! Alí coñecemos a dous robots,PEPE XAN E MARILUZ, que nos deron a benvida e despois fixemos un percorrido por lo museo onde Elba, a nosa guía, nos amosou cousas moi curiosas.
No taller pintamos uns vasiños nos que puxemos terra, sementes e auga.  Xa veremos que nace neles.
Para merendar fomos ata os xardíns de Méndez Nuñez onde nos fixemos unha foto dianta da escultura de MON VASCO adicada aos nenos e coa que traballamos na clase.
Nesta saída acompañáronnos Marcos e Lorena, pai de Martina e nai de Carmen aos que lle damos as grazas pola súa axuda, que nos fixo a excursión un pouco máis doada.



xoves, 28 de maio de 2015

VISITA AO PASEO FLUVIAL DE ARTEIXO

Aquí a reoprtaxe gráfica do magnífico día que pasamos ao lado do río Bolaño grazas a Bárbara e Mariela.


martes, 26 de maio de 2015

FLORES DE MAIO

Andan moitas flores soltas pola escola, nas fichas, no patio...Por que será?. Será porque estamos en maio?. Mirade no blog da biblioBN


luns, 25 de maio de 2015

UN MUSEO EN PASTORIZA

Seguimos descubrindo cousas da nosa parroquia por iso hoxe fomos dando un paseo ata o Museo do señor Narciso Vázquez, pequeno pero cheo de cousas antigas moi interesantes. Vimos un coche para bebés do 1800, máquinas de coser grandes e pequenas, aparatos de radio antigas, gramófonos que funcionan dándolle corda, sin corrente eléctrica e cuns discos "raros". Tamen había máquinas de escribir, entre elas o primeiro modelo  que se fabricou.
Dende aquí dámoslle as grazas ao señor Narciso por explicarnos cousas tan interesantes.


domingo, 24 de maio de 2015

GEOAUMENTATY

Para complementar a información do noso proxecto " PASTORIZA: 101 NOMES" xa están dispoñeble en GEOAUMENTATY algúns lugares de interese da parroquia aos que podedes acceder dende unha tablet ou teléfono móbil.
Para elo teredes que baixar unha APP seguindo os pasos que figuran nas imaxes que seguen.

A continuación tedes os pasos a seguir para acceder a estes lugares de interese dende unha tableta ou teléfono móbil. 





xoves, 21 de maio de 2015

ONDE ME ENCONTRO?

Hoxe tocounos aos de 3 anos facer o "ONDE ME ENCONTRO?" na floraría o Moucho que está moi preto da escola. Aproveitamos a visita para encargar as flores para o MAIO que imos facer nos próximos días.
Queremos darlle a grazas a Cris por atendernos con tanto cariño e paciencia.



Ver aquí

mércores, 20 de maio de 2015

martes, 19 de maio de 2015

UN DÍA MUY MUSICAL

Hoxe a nosa biblioteca encheuse de música gracias a Victor que trouxo a súa acordeón, a súa gaita galega e a pandeireta e fixo que todos xuntos cantaramos a Muiñeira do Barrio Novo porque xuntos as cousas saen mellor.
Unha xornada inesquecible!


venres, 15 de maio de 2015

FEIRA MATEMÁTICA

Recordade que mañá o noso centro estará presente na Feira Matemática que terá lugar en Palexco ( A Coruña)
Tedes toda a información no blogue da escola.

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Moito ten que ver Rosalía na celebración do Día das Letras Galegas e por iso este pequeno homenaxe en forma de poesía.


xoves, 14 de maio de 2015

CORRELÍNGUA 2015

Hoxe tivemos o noso día grande na celebración das Letras Galegas facendo un percorrido polas rúas dos escritores galegos do noso rueiro, rematando na de Filgueira Valverde o homenaxeado deste ano e onde o pasamos en grande cantando " o Galego é de todos".
Tedes máis información no blogue de Voz Natura , no da biblioBN e no de DLG. Veredes que guapos saímos!.




mércores, 13 de maio de 2015

O MES MÁIS GALEGO

Este é o mes máis galego do ano, o Mes das Letras Galegas. Visitade o blogue" Barrionovo  fala galego" para ver as diferentes actividades que se desenvolven  no centro nestes días.



NOMEARTE

Hoxe Mª José falounos de Mon Vasco, escultor coruñes que dedicou unha escultura o Día Internacional do Neno e que se atopa nos xardíns de Méndez Nuñez na Coruña.
Podedes ver como nos quedou  o noso traballo no blogue de arte.

RESOLVENDO O ENIGMA

Xa descrubimos a onde nos levaban as pistas que apareceron estes días na escola: a biblioteca, onde María nos contou o conto " o lobo e os 7 cabritiños".
Un bo remate para o día internacional das MATEMÁTICAS!


luns, 11 de maio de 2015

COMPLETANDO O RUEIRO

Seguimos a completar os paneis do rueiro que se atopan no patio e hoxe tocoulle a un artista,  Salvador Dalí.




QUE SERÁ, SERÁ?

Hoxe na escola apareceron varias pista na biblioteca, na porta e nas escaleiras.
Había 12 ovos, un lobo, fariña e números, que relación terán?. Os nenos e nenas da clase de 3 anos xa o descubrimos pero non podemos dicir nada.
Mañá seguiremos investigando.


domingo, 10 de maio de 2015

MES DAS LETRAS

Maio é o mes das LETRAS GALEGAS  adicado  este ano  a FILGUEIRA VALVERDE e na nosa biblioteca xa empezou  os festexos con varias e interesantes actividades.


mércores, 6 de maio de 2015

QR METEREOLÓXICO

Despois de ver o que é un código QR decidimos darlle unha utilidade en clase. A partir  de agora cando pasemos as rutinas escanaremos, coa axuda do ipad, un código QR que nos leva a páxina de Meteogalicia onde observaremos o tempo que fai.
Poñemos aquí o QR por si vos animades a usalo.


domingo, 3 de maio de 2015

REMATA O MES DO LIBRO

Aínda que remata o mes adicado ao libro nós quixeramos que todos os meses foran " mes do libro" e que nunca ningún teña frío, como lle pasaba ao libro do poema de Gloría Fuertes,porque  ninguén o le, esperamos que sempre haxa unhas mans que lles dean calor.




FACENDO PAN.

Decía ÁLVARO CUNQUEIRO que " a lingua sabe a pan"  e nós quixemos comprobalo hoxe e imitar a Miguel Sande  que cando ía a escola, de neno, comía letras de pan.
Así que coa axuda de Carmen e Lorena avoa e nai de Carmen , fixemos masa e  despois cada un fixo a súa inicial.
Pero antes os nenos e nenas da clase de 3 anos animamos a festa "Contando ratones".