sábado, 28 de novembro de 2015

ANIVERSARIO DE GABRIEL

Parabéns no teu aniversario.



SONS OLÍMPICOS

Esta actividade desenvolveuse na clase de A.L.


ARTE E DEPORTE EN GRECIA: O DIADUMENO

Así transformamos nós ao DIADUMENO orixinal.

RELEVO INFORMATIVO: ANGEL, MAR E ALEJANDRO

Xa sabemos algo máis de outros  tres deportes olímpicos: JUDO, XIMNASIA RÍTMICA E BALONCESTO, información que trouxeron Ángel, Mar e Alejandro respectivamente.
Cada un deles esplicou ao resto de compañeiros e compañeiras o que fixeron na casa cos seus pais.





Buscamos a icona correspondente a cada deporte e pegamos a nosa foto coa coroa de de olivo.






luns, 23 de novembro de 2015

25 N: DI NON E PUNTO

Empezamos unha semana moi importante: o próximo día 25 de NOVEMBRO celebramos o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO e por iso hoxe visitamos a exposición de libros que está na entrada do centro e que fan referencia a isto e xa lemos o primeiro: " Ricitos de oso".

PIÑEIRO CENTENARIO

Traballamos esta noticia despois de lela no xornal " La Voz de Galicia".
Tedes a información completa co blog de Voz Natura.


domingo, 22 de novembro de 2015

O BEEBOT E OS XOGOS OLÍMPICOS

Os martes e os mécores estamos facendo un desdobre da clase en dous grupos, coa axuda de Raquel,  o que nos permite facer actividades que requiren máis atención.
Estes días estamo traballando ( primeiro un grupo e despois o outro) co BEEBOT, un pequeno robot que vive na nosa biblioteca, e coas iconas dos deportes olímpicos.
Despois de tirar o dado temos que buscar a icona do deporte que corresponda no panel do Beebot  e darlle as ordes precisas para que chegue a icona correcta.
Con esta actividade estamos traballando: a discriminación visual, a orientación espacial, o conteo, a colaboración entre parellas e sobretodo aprender a pensar antes de actuar.
E ademáis divertímonos moito!

25 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para celebrar un día tan significativo , os nenos e nenas coa axuda de Aida, no taller TICS, fixeron un audiovisual co lema " DI NON E PUNTO!".



OS LARETAS DO BARRIO

Podedes ver no blog de A. L .as praxias do magosto.

xoves, 19 de novembro de 2015

ARTE E DEPORTE EN GRECIA

 Despois de ver a presentación que fixo Mª José  na biblioteca, así recreamos a AURIGA DE DELFOS  na clase de ARTE 

luns, 16 de novembro de 2015

MAPA HISTÓRICO

Hoxe a nosa biblioteca fíxonos un agasallo: un novo mapa.
Como non tiñamos moi claro de que mapa se trataba primeiro comparámolo co mapa de EUROPA que temos na clase e vimos que se parecia algo pero " non estaban os paises".


Despois de observar atentamente xa atopamos algo que se "parece Grecia".Escoitamos atentamente a explicación referida ao mapa e puxemos o nome a Grecia e localizamos o Monte Olimpo.
Agora xa sabemos que é un mapa antigo, un MAPA HISTÓRICO e que é distinto do mapa físico e do político que temos en clase.



domingo, 15 de novembro de 2015

RELEVO INFORMATIVO: ANTONIO

Antonio trouxo información sobre o atletismo e as diferentes probas que inclúe.


Buscamos a icona nas escaleiras e pegou a súa foto,



mércores, 11 de novembro de 2015

O INICIO DE TODO

Despois de que Mª José nos presentase na biblioBN as distintas disciplinas olímpicas da antiga Grecia que aparecen en cerámicas, baixamos a aula de psicomotricidade, onde temos exposta a liña do tempo das olimpiadas.
Despois de poñer a data dos últimos xogos olímpicos gregos colocamos tamén o pebetero co lume  e a paz olímpica.
Seguiremos a poñer outros elementos significativos.

MAGOSTO 2015

Empezamos o magosto con poesía, un agasallo  dos nenos e nenas de 5 anos e rematamos, despois de comer as castañas, con outro agasallo: un boísimo bizcoito  que nos trouxo Martiño polo seu santo.
PARABÉNS MARTIÑO!
Grazas a todas as familias pola súa colaboración.



domingo, 8 de novembro de 2015

NOVEMBRO E A CIENCIA

Neste mes tan científico propoñémosvos un reto para toda a familia.
Visitade o blog da biblioBN  que alí tedes toda a información.

CITIUS, ALTIUS, FORTIUS

Xa temos moi activo o blog de TICS e parece que empeza moi "FORTIUS".


xoves, 5 de novembro de 2015

OS NOSOS XOGOS: O TROMPO

Estreamos mes e xogo, neste mes non podía ser outro : O TROMPO, porque xa o dí a acción poética desta semana: " POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO".
Por suposto que tamén fixemos un arte cos trompos.





mércores, 4 de novembro de 2015

RELEVO INFORMATIVO: MARTÍN E DANIEL

Pouco a pouco van aprecendo novos deportes en clase. esta vez tocoulle a NATACIÓN, información moi completa que nos trouxo Martín.



Daniel elexiu o futbol porque é o deporte que el prectica

Despois de contarnos a información que trouxeron da casa buscamos a icona nas escaleiras e pegamos as fotos.


martes, 3 de novembro de 2015

RELEVO INFORMATIVO

Hoxe compartimos co resto dos compañeiros e compañeiras da escola a informa que trouxemos da casa dos diferentes deportes.