martes, 31 de xaneiro de 2017

FACENDO PIZZA

Visitamos a cociña municipal de Vilarrodís para desfrutar facendo unhas riquísimas pizzas.

SEMANA PARA LER EN PAZ

Cada día desta semana leremos un libro da Guía de Lectura do Día da Paz, teremos que ir selando na plantilla que temos en clase e cando rematemos haberá unha sorpresa.

luns, 30 de xaneiro de 2017

CELEBRACIÓN DO SÍA DA PAZ 2017

Celebrámolo por todo o alto: lanzando 49 drons de papel dende o alto da escola antes de entrar.
Despois, na biblioteca, tivemos un encontxo e a proxección do audiovisual " EU SON PERSOA", feito coa técnica do croma.

DÍA DA PAZ 2017

Coa axuda do escornabot preparamos o día da PAZ.
Primeiro, no taller TIC houbo que modificar o arduino do escornabot para despois poder escribir a palabra PAZ coa axuda das pezas Gigi.
No blog da bibliobn  e no blog de tics tedes toda a información da preparación do día da Paz e da celebración.
E tamén a guía de lectura do Día da Paz: eu son persoa.



sábado, 28 de xaneiro de 2017

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: MARTÍN

Outra casa "okupada" polo noso escornabot, a de Martín que xa nos contará a súa experiencia.


OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: EDGAR

Edgar explicou para toda a clase  súa experiencia na okupación da súa casa, o que fixo e como o pasou con toda a familia.



Aquí está a súa opinión e a da familia.



Esta é a súa plantilla que nos axuda a aprender as cores en inglés.

 O vídeo da experiencia


EDGAR from Aula azul on Vimeo.

ONDE SE ENCONTRAN OS ESCORNABOTS? I

Dentro da actividades ONDE ME ENCONTRO? compartimos unha interesante experiencia co CEIP de Canosa-Rus.

ÚLTIMAS NOTICIOS NO BLOG DO CENTRO.

Votade unha ollada ao blog do centro para ver as últimas noticias:



mércores, 25 de xaneiro de 2017

PRACTICAMOS COA ELECTRICIDADE

Estes días estivemos facendo a primeira práctica coa electricidade.
Primeiro de todo lemos as instruccións para saber o que precisamos e como facelo, despois comprobamos que tiñamos todos os elementos: masa conductora, unha pila, un conector para a pila, uns diodos led e un zumbador.



E puxemos mans a obra. Conseguimos acender o led e que soase o zumbador.
Pero, sobretodo, pasamolo ben.

venres, 20 de xaneiro de 2017

martes, 17 de xaneiro de 2017

luns, 16 de xaneiro de 2017

ANIVERSARIO: LUCÍA

Lucía cumpliu 5 anos o 24 de decembro e quixo celebralo agora cos seus amigos e amigas.


DESEÑO EN 3D

Avanzando na impresión 3D agora toca deseñar as nosas propias pezas, comprobadeo no blog de tics.

xoves, 12 de xaneiro de 2017

XOGANDO COA APP DO BEEBOT

A parte de xogar co Beebot, na clase tamén estamos experimentando a xogar no ipad coa aap do Beebot.

martes, 10 de xaneiro de 2017

ANIVERSARIO: NICOLÁS

Empeza o ano e empezamos a cumplir 6 anos, esta vez tocoulle a Nicolás.
Parabéns!


luns, 9 de xaneiro de 2017