luns, 26 de setembro de 2016

TALLER ESCORNABÓTICO

Hoxe empezamos o taller para montar os escornabots : abrimos a caixa e fomos observando todo o seu contido.
Comprobamos que contiña pezas de plástico, compoñentes electrónicos, tornillos e torcas, cables, motores e unha bola tola. Tamén unhas pezas que teremos que descubrir para que son.






domingo, 25 de setembro de 2016

TICS BN INFORMA

Para que nos animemos a usar as apps na escola e na casa.

CREANDO ROBOTS

Se visitades o blog de arte veredes as primeiras creacións de robots.

XA É OUTONO

O outono xa está aquí  e nós celebrámolo con un encontXo  na bilioteca.
Tamén aproveitamos para entregar os carnés aos alumno/as de nova incorporación  e para rematar tivemos un robótico agasallo.

Ver máis aquí.

luns, 12 de setembro de 2016

PRESENTACIÓN DO PROXECTO PARA O CURSO 2016/2017

O verán rematou e xa estamos de volta na escola. Hoxe xuntámonos todos na biblioteca para dar comezo a un novo proxectos "NON SOMOS ROBOTS".
Despois de ver a " GALERÍA ROBÓTICA" e  unha curta Mª José contounos un conto.
Por último tivemos unha pequena charla sobre os robots.
Tedes toda a información no blog da biblioteca.



domingo, 11 de setembro de 2016

NON SOMOS ROBOTS ?

Comezamos un novo curso con un título de proxecto moi suxerente.
O luns na biblioteca teremos as primeiras respostas as nosas dúbidas.