luns, 30 de maio de 2016

XOGANDO CO LIM

Tedes aquí un LIM para que resolvades uns crebacabezas das mascotas olímpicas.

ACTIVIDADE SCRACH

Aquí tedes un memory dos carteles olímpicos para que podades xogar na casa se vos apetece.
Pasadeo ben!

MEDALLISTAS OLÍMPICOS GALEGOS

Despois de investigar a 4 dos medallistas olímpicos galegos hoxe colocámolos de forma ordenada na liña do tempo que hai na aula de usos múltiples  e puxemos tamén a súa foto no mapa de Galicia  na nacidade na que naceron e no caso de Antón Paz, madrileño, na cidade na que vive.


domingo, 29 de maio de 2016

INVESTIGANDO O MEDALLEIRO GALEGO

Esta semana estivemos investigando aos deportistaas galegos que obtiveron algunha medalla nos xogos olímpicos.
Aquí tedes o resultado.



martes, 24 de maio de 2016

GALEGOS EN RÍO

Traballamos a noticia que apareceu no xornal "La Voz de Galicia" onde contaba que xa son 8 os galegos que nos representarán nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro.
Suliñamos os nomes e comprobamos en que deporte participaran.
Logo puxemos o noso titular e redactamos a noticia.




luns, 23 de maio de 2016

OS NOSOS XOGOS: LANZAMENTO DE BOINA

O xogo que corresponde a este mes é o lanzamento de boina e hoxe lanzámola ben lanzada!


ENCONTRO CO BOXEO

Nomi, irmán de Anxo, de 5 anos, explicounos  todo o relacionado co boxeo.

MEDALLEIRO G ALEGO

Hoxe María, titora de 3 anos,  presentounos aos olímpicos galegos que ao longo dos anos obtiveron algunha medalla olímpica. Agora tócanos investigar a cada un deles nas aulas.

domingo, 22 de maio de 2016

mércores, 18 de maio de 2016

FESTEXANDO O DÍA DAS LETRAS.

Foi unha gran festa na biblioteca grazas aos nenos e nenas de 5 anos que nos falaron de Manuel María e a  Aida que nos  presentou o audiovisual no que participou todo o cole.



MES DAS LETRAS: GALICIA

Hoxe levamos para casa o  poema "GALICIA" de Manuel María despois de traballalo na aula.
Tamén levamos o mapa de Galicia que fixemos no taller de arte e que utilizamos para facer o audiovisual homenaxe as Letras Galegas.


martes, 17 de maio de 2016

FELIZ DÍA DAS LETRA GALEGAS

No  blog do EDLG tedes unha fermosa felicitación para este 17 de MAIO.

ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA

No blog da biblioteca tedes información das xornadas que se celebraron en Santiago sobre os escornabots.


XOGAR A LER

Aínda que esta fin de semana non levamos libros en préstamo para casa, aquí tedes unha mostra do traballo de semanas anteriores.



xoves, 12 de maio de 2016

EDUCACIÓN VIAL

Hoxe tivemos unha instructiva e divertida visita: a da Policía Local.
Aprendemos a circular como peóns, a ir correctamente sentados no coche e coidar as mascotas cando andan polas rúas.
Pero o mais divertido foi sentirnos Policías por un intre sentados dentro do coche patrulla.
Tedes toda a información no blog do centro.

mércores, 11 de maio de 2016

ABANDERADO PARA RÍO 2016

O tenista RAFA NADAL será o abanderado de ESPAÑA nos Xogos Olímpicos de RIO 2016.
Traballamos primeiro  a noticia que apareceu no xornal " La Opinión": comprobamos que aparece na sección de deportes e lemos o titular.
Vimos que a foto que acompaña a noticia corresponde ao aceso do facho olímpico en Grecia que nós vimos en directo.


 Xa no noso xornal " A VOZ DO BARRIO" escribimos un titular e debuxamos a Nadal coa bandeira poñendo o seu nome no pé de foto.



luns, 9 de maio de 2016

DÍA DE EUROPA

Para celebrar o DÍA DE EUROPA, que se celebra o 9 de maio,  coñecemos da man de Mª José  a lenda do RAPTO DE EUROPA

venres, 6 de maio de 2016

DEDICATORIAS DE ANTONIO RUBIO

Hoxe na biblibn non só vimos unha curta senón que Mª José mostrounos  os libros que tan poeticamente nos adicou ANTONIO RUBIO.

MES DAS LETRAS: INAUGURACIÓN DA FONOTECA DOS NOSOS XOGOS

Para inaugurar a fonoteca dos nosos xogos, neste mes tan Galego, os alumnos e alumnas da aula de 5 anos déronnos unha sorpresa amosándonos como se xoga a roda-roda.
Noraboa polo ben que o fixeron!

mércores, 4 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS

Hoxe baixamos ata a entrada do cole, onde temos o expositor de libros, para buscar un deles:           "SOÑOS NA GAIOLA" que conten poemas de MANUEL MARÍA  musicados por SUSO VAAMONDE para escoitar o poema "GALICIA".
Aproveitamos para ver e ler o cartel que está ó lado onde nos fala da súa compañeira SALETA  e dos libros que escribiu, non só poesía senón tamen narrativa e teatro.



No blog da biblioteca temos recursos para traballar e desfrutar das nosas letras.



luns, 2 de maio de 2016