Os poetas tamén teñen dereito a estar de vacaións e a eles lles dedicamos esta poesía.
xoves, 22 de xuño de 2017
mércores, 21 de xuño de 2017
ENCONTRO FIN DE PROXECTO: A ROBÓTICA NUN PÓSIT
Neste encontro compartimos a nosa experiencia neste proxecto co resto dos nenos e nenas do centro. Previamente eleximos as palabras clave do que queríamos contar e escribímolas nun pósit .
Xa na biblioteca a medida que pegamos os pósit fomos contando o máis significativo de cada palabra ou palabras.
Xa na biblioteca a medida que pegamos os pósit fomos contando o máis significativo de cada palabra ou palabras.
martes, 20 de xuño de 2017
OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: JOSÉ EDUARDO
Remata a okupación das nosas por parte do eccornabot y foi José Eduardo o último en contarnos a súa experiencia, o ben que o pasou el e a súa familia.
Amosóunos a toda a clase o caderniño, onde conta a experiencia, e a plantilla.
Amosóunos a toda a clase o caderniño, onde conta a experiencia, e a plantilla.
Este a explicación do caderniño
A plantilla e a explicación do xogo
Así de ben o pasou na casa
domingo, 18 de xuño de 2017
xoves, 15 de xuño de 2017
domingo, 11 de xuño de 2017
DÍA MUNDIAL DOS MARES
Para traballar o Día Mundial dos Mares partimos de unha noticia do Suplemento Semanal de La Voz de Galica onde aparece unha balea cuberta de plásticos nunha praia de Filipinas. É unha instalación de arte-protesta para denunciar a contaminación de plásticos nos mares.
Estivemos analizando que tipo de plásticos usamos a diario no centro e sobre todo na merenda para usalos despois para reflexar con un debuxo o que está a suceder nos nosos mares e océanos.
Estivemos analizando que tipo de plásticos usamos a diario no centro e sobre todo na merenda para usalos despois para reflexar con un debuxo o que está a suceder nos nosos mares e océanos.
Ver aquí
sábado, 10 de xuño de 2017
OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA
Saad explicou a toda a clase o que fixo na casa co Escornabot nesta semana, amosounos o caderniño coa explicación, que el mesmo escribiu, e a plantilla. Tamén nos explicou como se pode xogar.
Esta é a explicación escrita por Saad
A plantilla
Así o pasou na casa
xoves, 8 de xuño de 2017
OBRADOIRO DE COIRO
Na bibliobn fixemos un obradoiro de coiro onde, despois de que nos explicaran o que é o coiro, como se traballa e que ferramentas se usan, cada un fixo un chaveiro coa súa inicial.
luns, 5 de xuño de 2017
domingo, 4 de xuño de 2017
MODIFICANDO O AVANCE DO ESCORNABOT
No taller TIC tivemos que facer modificacións no avance do escornabot, reprogramando o Arduino, para traballar coas pezas KAPLA.
Previamente na clase tivemos que facer o seguinte: medir o que avanza o escornabot, medir unha peza Gigi, coa que xa traballamos, medir unha cuadrícula da plantilla do escornabot e por último medir a lonxitude unha peza KAPLA.
Anotamos todos os datos nunha taboa de dobre entrada.
Xa no taller TIC fixemos os cálculos para saber canto ten que avanzar o escornabot.
tedes máis información no blog de TICs
sábado, 3 de xuño de 2017
I MAIO MIUDO
Florido paseo por Arteixo para celebrar o I Maio Miudo rematando cunha foto de todos e todas diante do noso Maio.
OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: SARA
Sara contounos a todos e todas o ben que o pasou na casa xogando co Escornabot e amosounos a plantilla que fixo das súas froitas favoritas: O Escornabot ten que percorrer as casiñas das sílabas para formar o nome das foritas.
Esta é a opinión da súa familia.
Aquí está a plantilla e o modo de xogar
Así xogou na casa
LETRAS GALEGAS E PUBLICIDADE
Aproveitando que o 17 de maio moitos xornais publicaron publicidade en galego nomeando o Día das Letras Galegas, estivemos traballando os textos e as imaxes na publicidade.
Cos anuncios que nos pareceron máis interesantes elaboramos un mural.
Como traballo final fixemos o nosotro propio anuncio dos principales lugares que temos no centro onde podemos encontrar textos en Galego.
venres, 2 de xuño de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)