venres, 31 de marzo de 2017

OFICIOS ARTESANAIS: AFIADOR

Esta vez foi o afiador o oficio  que estivemos traballando na clase, 
Primeiro fixemos o rexistro do investigado no  Notebook de Smart, onde puxemos as nosas voces e despois rexistramos o traballo nunha ficha.


OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: ALEJANDRO

Toda esta semana a casa de Alejandro estará okupada por o Escornabot.


OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: MIGUEL

Miguel compartiu con toda a clase a súa experiencia co Escornabot na casa e explicou o seu traballo.


No caderno conta o ben que o pasou ensinando aos seus pais como funciona o Escornabot.

Esta é a súa plantilla feita con imaxes dos debuxos de Bob Esponxa, O xogo tamen leva unhas tarxetas que el mesmo debuxou.

Así de ben o pasou na casa.




MEDREMOS COS VOSOS CONTOS!

xoves, 30 de marzo de 2017

mércores, 29 de marzo de 2017

XOGAR A LER

Cada día o  traballo que traemos da casa, do préstamos semanal, é mellor e máis completo.Comprobádeo vendo a seguinte presentación. 


ENCONTRO: MULLERES E ROBÓTICA

Hoxe tivo lugar a presentación na biblioteca do traballo feito nas aulas sobre o traballo das mulleres no eido da robótica.
Como agasallo levamos para casa o tríptico elaborado.

domingo, 26 de marzo de 2017

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: MIGUEL

O venres o Escornabot viaxou ata a casa de Miguel para quedarse alí unha semana.

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: MAR

Mar contounos a todos e todas na clase como lle foi a experiencia de levar ao Escornabot para casa, o ben que o pasou co seu irmán Xurxo e cos seus pais.
Amosounos a plantilla que fillo e o que escribiu ele e súa nai no caderniño.


O caderniño

A plantilla

Así de ben o pasou  na casa



MULLERES E ROBÓTICA

Para conmemorar o 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, e coa finalidade de facer un tríptico que reflexe o traballo das mulleres no eido da robótica decidimos facer unha pequena investigación.
Dende a bibliobn chegóunos un correo onde se nos explicaba o que tiñamos que facer e que mulleres tiñamos que investigar na nosa aula.


Atopamos un blog, http://hominidas.blogs.quo.es/2017/03/08/las-mujeres-que-saben-de-robots-hazlo-visible/  onde aparecián 21 mulleres expertas en  robots e que nos permitiu empezarc o traballo.
Na aula azul tivemos que investigar as 5 mulleres que están marcadas na imaxe.
Pouco a pouco fomos averiguando o que fixo cada unha  e  utilizando o Notebook de Smart fomos rexistrando  o que fomos investigando

O resultado final é este.






SI OU NON?

Este é  o título do xogo elaborado coa App TINY TAP feito polos nenos que acaden a aula de A.L. e que podedes ver no blog " os laretas do barrio".

mércores, 22 de marzo de 2017

CELEBRANDO A PRIMAVERA

Para celebrar a chegada da primavera fixemos unhas bonitas flores con varios elementos de refugallo. Aproveitamos para poñer no reverso  un anaquiño da canción " a primavera" de Mamá Cabra que estes días estamos escoitando e cantando na clase.



martes, 21 de marzo de 2017

DÍA DA ÁRBORE

Aproveitando a visita a La Voz de Galicia, celebramos o Día da Árbore e os 20 anos de Voz Natura,plantando un carballo no xardín que rodean ás instalacións do xornal.

ENCONTXO: DÍA DA POESÍA

Celebrámolo homenaxeando a Gloria Fuertes e coa lectura do libro "a raiña de Turnedó".
Hoxe levamos para casa a guía de lectura con libros de poesía.

domingo, 19 de marzo de 2017

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: MAR

A casa de Mar estará okupada esta semana polo noso Escornabot.

OKUPACIÓN ECORNABÓTICA: ÁNGEL

O venres Ángel compartiu con todos nós a súa experiencia co Escornabot na casa .


Fixo dúas plantillas: umha dos personaxes de YO-KAI WACH e outra de  peinados. Coa  a segunda  podemos xogar emparellando os peinados e as regras do xogo da outra plantilla están perfectamente explicadas no seguinte documento
Estas son as plantillas


No caderniño escribiron a súa opinión Ángel e a familia

Así o pasaron na casa







mércores, 15 de marzo de 2017

HISTORIA DA ROBÓTICA: O RENACEMENTO

Seguimos avanzando na investigación da robótica e na época do Renacemento empezamos con Leonardo da Vinci e as súas máquinas.


MULLERES E ROBÓTICA

Hoxe chegounos un correo dende a bibliobn propoñéndonos un reto: investigar sobre a relación da robótica e as mulleres.

No correo había un enlace a un blog onde se fai unha pregunta: Saben as mulleres de robots? e pídennos que o fagamos visible.

No blog aparecen 21 mulleres expertas en  robots e das que nós investigaremos a 5. Para darlles visibilidade  faremos un tríptico. Será un traballo colaborativo coas outras aulas do centro.