mércores, 30 de novembro de 2016

A NOSA INICIAL EN 3D

Empezamos a facer a nosa inicial coa impresora 3D  coa axuda da profe de TICs, Celia. Subimos a biblioteca e buscamos no ordenador a inicial de Mar, encargada do día. Primeiro tivemos que escalala porque era moi grande e tardaba moito en imprimirse. unha vez feito isto xa puxemos a impresora en marcha e en 10 min. tivemos a M lista.
Cada día o encargado levará a súa para casa.




  

ANIVERSARIO: XOEL

Este é un mes de "cumples"na aula azul e agora lle tocou a Xoel. Parabéns!


ARTE ROBÓTICO

Experimentando coa Araña Robot na clase de Arte.

luns, 28 de novembro de 2016

IMPRESIÓN EN 3D

Hoxe estreamos a impresora 3D do centro imprimindo a primeira letra do abecedario que nos quedou así de ben .
Proximamente imprimiremos a inicial de cada un.


domingo, 27 de novembro de 2016

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: MARTINA

Esta semana o noso Escornabot estará de "okupa" na casa de Martina


OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: NICOLÁS

Xa temos de volta a mochila da "okupación escornabótica" da casa de Nicolas cargada de fotos, vídeos e unha nova plantilla para xogar.
Xogando a buscar parellas de robots.

Xogando a recoñecer figuras con volume.

Esta é a plantilla que Nicolás creou cos seus papás para buscar parellas de froitas



Neste vídeo vemos o ben que o pasaron xogando na casa.


Xa na clase, explicando aos compañeiros e compañeiras o seu xogo.

Eta é a opinión del e da súa familia sobre esta actividade



AS FAMILIAS NO 25N

Para rematar a celebración do 25N as familias colgaron na tea de araña da bibliobn palabras  que convidan a pensar e poñer en práctica para desterrar a violencia de xénero.

martes, 22 de novembro de 2016

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MÚSICA

Celebrámolo na biblioteca con unha impresionate actuación de dous dos Escornabots do centro que bailaron e cantaron para todos nós.

venres, 18 de novembro de 2016

EMPEZA A OKUPACIÓN ESCONABÓTICA NA AULA DE 5 ANOS: NICOLÁS

Con unha mochila ben cargada empeza hoxe a "okupación escornabótica": un Escornabot, unhas plantillas, unha cámara de fotos, un libro, unha película e un caderno onde reflexar a experiencia.
A "okupación" durará unha semana.
Se tedes dúbidas de como levar a cabo esta actividade  podedes escanear o código QR que vai na portada  ou ir derectamente a información da biblioBN facendo clic no "Ver aquí" que está debaixo das imaxes.



NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

Este mes de novembro adicámolo a ciencia en galego preparando algún experimento para compartir na biblioteca cos resto dos nenos e nenos do centro
Como primeiro paso visitamos o expositor de libros que está na entrada da escola e puidemos comprobar que ningún deles está en galego.
Como dispoñemos de moitos e moi variados imáns na clase decidimos experimentar con eles, así que preparamos tres experiencias para presentar e puxémolo por escrito usando o EDI.
Podedes ver o resultado o blog da biblioBN.





A POESÍA TAMEN É ROBÓTICA

Esta semana traballamos unha poesía de Gloria Fuertes que nos describe a Robot Robotina e que axudados por esa descrición tivemos que debuxar.



ROBÓTICA: OS INICIOS I

Así reflexamos os inicios da Rótica que aparecen. na obra de Homero "La Ilíada".



domingo, 13 de novembro de 2016

CONCURSO FOTOGRÁFICO: OFICIOS ARTESANAIS

Xa está a exposición das fotos que aportaron as familias na aula de usos múltiples do centro e xa temos gañador do concurso.

MAGOSTO 2016

No magosto non só comemos castañas se non  que Martiño convidounos a biscoito polo seu santo.

ENCONTRO : GRACIA IGLESIAS

No blog da bibliobn tedes toda a información dun encontro moi bigotudo.

mércores, 9 de novembro de 2016

sábado, 5 de novembro de 2016

RECURSOS PARA O MAGOSTO

Achégase o MAGOSTO e xa tedes no blog da bibliobn unha chea de recursos para que o pasedes ben.


xoves, 3 de novembro de 2016

COCIÑANDO CON UN ROBOT

Garzas a mamá de Edgar puidemos ver como se cociña con un Robot. Despois de explicarnos como funciona preparounos unha limonada e unha laranxada, que probamos todos, e a masa para facer galletas de mantequilla que despois rematamos de facer na clase.



CONCURSO FOTOGRÁFICO OFICIOS ARTESANAIS

Aínda que xa chegaron ao cole algunhas fotos seguimos a espera de recibir moitas máis.


mércores, 2 de novembro de 2016

O ESCORNABOT TAMÉN CELEBRA O SAMAÍN.

Coa axuda do Escornabot da  clase descubrimos unha morea de cantigas de Samaín: despois de coller unha tarxeta coa imaxe dunha cabaza temos que identificala e programar o Escornabot para chegar ata ela e poder ler a cantiga.

VISITA AO CEIP DE GALÁN POLO SAMAÍN

Así foi a noso visita a exposición de cabazas no CEIP de Galán.