mércores, 31 de outubro de 2012

TERRORÍFICO SAMAÍN

Hoxe foi un día terrorífico: completamos a nosa exposición de cabazas e visitamos a do colexio de Galán, a onde chegamos en autobús.
A primeira sorpresa que tivemos foi un rico arrecendo a cabaza, despois entramos no colexio para ver as caveiras que talaron os nenos e nenas, pero o que máis nos gustou foi aCOVA DO TERROR que hai na biblioteca e onde  Marga nos presentou a seu dono: o esquelete Manolo.
A mañá rematou con unha merenda onde comemos unhas arañas, uns fantasmas e uns morcegos que nos fixo a mamá de Cintia Seijas. Riquísimo todo!
Se queredes xogar a decorar cabazas, de maneira virtual, visitade o blogue de TICs , pasarédelo de MEDO!


martes, 30 de outubro de 2012

PROXECTO

Cada día temos  máis información  da prehistoria, hoxe aprendemos moitas cousas do oso cavernario.

A VOLTAS CO MEDO

Hoxe foi Mª José a que nos contou un conto de medo na biblioteca,aínda que ao final rimonos moito da bruxa do conto.
Tamén apareceron máis cabazas terroríficas na clase. Pouco a pouco vai crecendo o noso Samaín.

luns, 29 de outubro de 2012

SAMAÍN

Que divertido é o medo! Iso pensamos despois da visita a biblio BN para ver a exposición de libros para o Samaín.
Tamén apareceron na clase as primeiras cabazas taladas, unha delas  prehistórica! Isto fíxonos pensar se na prehistoria habería Samaín e a que lle terían medo os cromagnons. Despois de reflexionar un rato parecenos que lle terían medo aos animais grandes, coma ao oso cavernario pero tamén a animais pequenos coma as arañas, os morcegos. E seguro que tamén había bruxas e pantasmas.

domingo, 28 de outubro de 2012

XA SE ACHEGA O SAMAÍN

Xa faltan poucos días para a noite se SAMAÍN e no colexio estámonos preparando. Na biblioteca hai un exposición de libros de medo, no blogue da BiblioBN podedes atopar diferentes recursos así como no blogue de ticsBN .

BESTIARIO: O MAMUT

Xa empazamos a facer o noso BESTIARIO DA PREHISTORIA. O primeiro animal foi o mamut, que debuxamos con un lápis  sanguina e despois difuminamos cos dedos




LIDIA CUMPRE 4 ANOS

O venres Lidia cumpriu 4 anos e púxose moi contenta porque todos os amigos e amigas lle cantaron " parabéns para ti".Felicidades Lidia.

xoves, 25 de outubro de 2012

mércores, 24 de outubro de 2012

MENUDA PREHISTORIA !

Cantas cousas estamos aprendendo coa información que traemos da casa! E temos que seguir.

DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe celebramos o " Día da Biblioteca" con unha visita a nosa Biblio BN onde Mª José nos leu un poema de Carmen Gil moi divertido e escoitamos ese mesmo poema cantado pola autora.
Se queredes volver a escoitalo visitade a blogue da Bibliioteca

luns, 22 de outubro de 2012

UNHA CAVERNA PREHISTÓRICA

Esta é a caverna prehistórica que trouxo Ana a calse e que, segúndo nos contou, fixoa co seu pai. Dous artistas !

venres, 19 de outubro de 2012

FACEMOS LUME

Hoxe temos moitas e moi importantes noticias. Aroa, da clase de 3 anos, deixounos uns "elementos" que trouxo da casa. Tardamos un ratiño en descubrir que eran. Coa axuda de Patricia descubrimos que servian para facer lume como facian na prehistoria. Practicamos un pouco pero vimos que é moi dificil.  Desfrutamos moito con esta experiencia. Gracias a Aroa por compartir isto con nós  e a Patricia por axudarnos.

UN NOVO BLOG

No centro contamos con un novo BLOG, o das TICs onde Aida puxo uns fantásticos xogos para que practiquedes co rato.

INFORMACIÓN PREHISTÓRICA

Pouco a pouco imos tendo máis información  no noso recuncho prehistórico.

xoves, 18 de outubro de 2012

mércores, 17 de outubro de 2012

MÁIS INFORMACIÓN

Hoxe xa sbemos un pouco máis da prehistoria gazas a información que truxeron os nenos e nenas da súa casa.

martes, 16 de outubro de 2012

A PREHISTORIA

Xa están chegando as primeiras informacións dende casa para o noso proxecto, e todo moi interesante.

luns, 15 de outubro de 2012

BLA, BLA, BLA...

No blogue de A L, Aida ten colgado un interesantísimo artigo de " La Voz de Galicia"  sobre o desenvolvemento da linguaxe en E I. Todos deberíamos votarlle un vistazo.


xoves, 11 de outubro de 2012

UN NIÑO PREHISTÓRICO

Hoxe  Mª José contóunos na biblioteca o conto " un niño prehistórico" que relata como era a vida de un neno nese período.
Tamén nos amosou no blogue da biblioteca  onde podemos atopar libros relacionados coa prehistoria e outros recursos, entre elas o conto de hoxe.



mércores, 10 de outubro de 2012

ENCONTRÁMONOS NA BIBLIOBN

Hoxe tivemos o noso primeiro ENCONTRO na BIBLIO BN.Os nenos e nenas da clase de 5 anos viñeron a invitarnos porque tiñan unha sorpresa para todos. Alí estaban preparados os carnés para entregar    aos nenos e nenas novos no colexio.
Tamén puidemos ver a novo caderniño que usaremos para o préstamo de libros e que ten o mesmo diseño da porta de bilioteca. É moi bonito!



xoves, 4 de outubro de 2012

MANS PREHISTÓRICAS

Coa axuda de Celia e Patricia estampamos as nosas mans con barro como se facia na prehistoria. Así de ben nos quedaron.