venres, 24 de febreiro de 2017

FESTIVAL DE ENTROIDO 2017

Un robótico día de entroido, todos guapísimos, algún difícil de recoñecer e senón mirade aquí.







A festa completa

OKUPACIÓN ESKORNABÓTICA: ANTONIO

Neste entroido o escornabot está okupando a casa de Antonio.


OKUPACIÓN ESKORNABÓTICA: DANIEL

Xa de volta á escola o escornabot,  Daniel contounos como foi a okupación da súa casa.


Compartindo  a experiencia coa familia


A plantilla que trouxo da casa é de dinosaurios

A plantilla ven acompañada das instrucción de xogo

Daniel trouxo un dodecaedro feito pola súa mamá  coa técnica de origami con números e cores para poder xogar e , por si se estropea o dodecaedro, tamén trouxo etiquetas con números e os nomes do dinosaurios.


Así fixeron o dodecaedro

O video da experiencia


mércores, 22 de febreiro de 2017

ANIVERSARIO: EDGAR

Moita festa estes días en clase, moitos aniversarios e hoxe tocoulle a Edgar, parabéns.



MANDADIÑOS 2017

 O Mecobot que está na entrado do cole dinos cada día o que temos que traer o día seguinte.
Para sabelo temos que escanear, co Aurasma, o cartel co día da semana que corresponde.
hoxe xa case viñemos completos !





COCIÑANDO BOLIÑAS DE ENTROIDO

As boliñas de entroido que fixemos no cole son unha homenaxe a esta festa.







domingo, 19 de febreiro de 2017

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: DANIEL

Neste intre o Escornabot da clase xa okupa a casa de Daniel.

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: ANXO

De volta co Escornabot a clase Anxo contounos a súa expeiencia amosándonos o caderniño e explicando como fixo a plantilla con seu pai e súa nai  e como se xoga.


Coa familia na casa


Esta é a súa plantilla


Oque nos conta no caderno

ESPAZO FEDELLEIRO NA BIBLIOBN

ENTROIDO 2017: MANDADIÑOS E MÁIS.

Empeza a semana de máis troula : a do Entroido.
Para nós xa empezou o venres escaneando co Aurasma no Mecobot o Luns para que o mandadiño nos diga o que temos que traer  a escola. O mesmo faremos o resto dos días.
Recordade: o luns algo azul.

REFUGALLANDO CARTÓN

Taller de Reciclaxe de Papel promovido polo Consorcio das Mariñas.


xoves, 16 de febreiro de 2017

ENTROIDO 2017: MANDADIÑOS

Achégase o tempo de Entroido e xa están no blog do centro os mandadiños para ir quentando motores.

APRENDENDO A SEPARAR RESIDUOS

 A profe Miriam, da aula de 4 anos, prestounos un xogo para aprender a separar residuos e estivemos practicando con el: collemos unha tarxeta conha imaxe de un residuo e temos que colocala no colector correspondente.

Despois fixemos o mesmo co escornabot e a plantilla que temos na clase: sacomos unha tarxeta de un colector e o escornabot ten que buscar todos os residuos que van a el.


domingo, 12 de febreiro de 2017

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: ANXO

A casa de Anxo estará okupada esta semana polo Escornabot da clase.


OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: LUCÍA

Lucía explicounos a todos o que fixo na casa coa súa familia e o Escornabot.


Facendo a súa plantilla e poñéndoa en práctica

Xogando coas plantillas de clase

Esta é a súa plantilla e as tarxetas para poder xogar




Aquí está a opinión da familia

O vídeo da experiencia