xoves, 31 de marzo de 2016

RELEVO INFORMATIVO: CARMEN

Xa temos información da natación sincronizada que trouxo Carmen.


Despois de que explicara ao resto dos compañeiros e compañeiras toda a información localizamos nas escaleiras a icona e pegamos a foto coa coroa de olivo.


domingo, 20 de marzo de 2016

ENCONTRO COA POESÍA

 Para celebrar este día Rocío, mamá de Nicolás, deleitounos cuns cantos poemas, algúns escritos por ela e un adicado especialmente para nós.
Grazas!

DÍA DA ÁRBORE

Para celebrar este día transplantamos un olivo no noso horto.

SEMANA DA PRENSA: O NOSO TRABALLO

O venres fixemos unha posta en común do traballo feito na semana da prensa.
O primeiro que fixemos foi diferenciar un xornal de información xeral de un xornal deportivo.


O seguinte paso foi localizar nun mapa as cidades onde se editan os xornais deportivos mais coñecidos e despois na pizarra dixital relacionamos xornais e cidades  antes de facelo de forma individual nunha ficha.


A continuación colocamos estes xornais nunha liña do tempo.


Buscamos as seccións dun xornal xeral e dun deprtivo para comparar .


Comprobamos cal é o deporte que ten mais presenza nos xornais deportivos
.

Buscamos información sobre os xogos olímpicos.


Buscamos noticias que falaran do deporte feminino.


Como recompensa ao traballo xa temos o noso carné de xornalista!

mércores, 16 de marzo de 2016

OS NOSOS XOGOS: O ARO

O xogo do mes de marzo é redondo: o aro.


DÍA DA ÁRBORE

Aínda que o día da árbore non é ata o día 21 de marzo nós xa empezamos cos festexos.
O primeiro foi visitar a exposición de libros que hai na entrada do centro para comprobar que todos falan de árbores. Aproveitamos para ler  " El pequeño jardinero" e despois , na clase, convertemos a unha das mascotas de RIO 2016 nunha árbore.


martes, 15 de marzo de 2016

VISITA A EXPOSICIÓN: "OS OBXECTOS FALAN"

" Os obxectos falan" é o título da exposición que fomos visitar hoxe e dende logo que os obxectos presentes nos cadros contáronnos un montón de cousas.
Tedes toda a información desta visita no blog do centro.

domingo, 13 de marzo de 2016

FRIDA KHALO

No taller de Arte, coincidindo co Día da muller,  achegámonos a figura dunha artista singular: FRIDA KAHLO.

xoves, 10 de marzo de 2016

mércores, 9 de marzo de 2016

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Celebramos este día con unha sesión de contacontos na libraría MOITO CONTO na coruña, onde nos recibiron con moito cariño a nenos, nenas, mamás, avoa, tias...e mestras.


luns, 7 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER: A MULLER NOS XOGOS OLÍMPICOS

O 8 de marzo celebramos o DÍA DA MULLER e dentro do noso proxecto estivemos investigando sobre o  papel das mulleres no olimpismo.
Eleximos mulleres que foron relevantes nalgún momento da historia dos xogos olímpicos e coa información obtida elboramos un díptico
A aula de 4 anos tocounos investigar a:
ENRIQUETA BASILIO, atleta mexicana que foi a 1ª muller en prender o pebetero.
MIRIAM BLASCO, 1ª medallista española.
ANDREA FUENTES, nadadora de n. sincronizasa e ARANCHA SÁNCHEZ VICARIO, tenista que son as deportistas españolas con máis medallas olímpicas.
Primeiro buscamos a información e as imaxes en internet .


 .Despois recollemos esa información na pizarra dixital.


Así nos quedou



SEMANA DA PRENSA

Hoxe tivemos a presentación, na biblioteca, da semana da prensa e, como non podía ser de outra maneira,este ano dedicarémolo  ao xornalismo deportivo.

sábado, 5 de marzo de 2016

VÍDEOCONFERENCIA CON JAVIER GÓMEZ NOYA

Hai moita distancia, xa o vimos no mapa, dende Pastoriza ata Sudáfrica onde se atopa  JAVIER GÓMEZ NOYA e CARLOS o seu entrenador pero a tecnoloxía fixo que esta distancia parecera curta.
Foi moi emocionante coñecer a todo un campión, o que lle damos as grazas por este agasallo.

Ver aquí

Así o vimos nós



INSTALACIÓN XXV

Neste caso para a  práctica psicomotriz utilizamos guantes de latex e chapas.

mércores, 2 de marzo de 2016

RELEVO INFORMATIVO III

Hoxe nos xuntamos na biblioteca para compartir a información que trouxemos da casa dos deportes olímpicos.