mércores, 26 de decembro de 2012

PARA PASALO BEN EN NADAL

Aquí van algúns enlaces con actividades para o tempo de Nadal, algunhas dela tédelas no blogue deTICs  do centro.

luns, 24 de decembro de 2012

FESTIVAL DE NADAL

O festival deste ano tivo sentimentos moi encontrados porque tivemos que despidir a Soraya, Bárbara e Patricia, as "profes" de prácticas que tan ben nolo fixeron pasar e que cmpartiron tantas cousas con nós.
Polo demais pasámolo moi ben coas panxoliñas dos nenos e nenas de 3 e 4 anos e o conto dos nenos e nenas de 5 anos.
Grazas a todos os que compartiron con nós este día.
Foi un día inesquencible.
Tedes unha presentación no blogue do centro.




xoves, 20 de decembro de 2012

VISITA DO CARTEIRO REAL

Bueno, a estas alturas seguro que xa os Reis Magos teñen as nosas cartas no seu poder.Grazas ao Carteiro Real e a súa axudante por recoller as nosas cartas!

mércores, 19 de decembro de 2012

DIVERTÍMONOS CON BÁRBARA

Estes días pasámolo moi ben coas actividades que nos presentou Bárbara.
Tamén temos actividades moi divertidas para este Nadal no blogue de TICs

martes, 18 de decembro de 2012

ÁRBORE DE NADAL

Seguro que cando remate a semana a nosa árbore xa será toda de pedra!
Tedes información sobre o festival de Nadal  no blogue da escola



ACTIVIDADES NA BIBLIO BN

Mª José achegóunos hoxe ao Nadal co conto " La noche de Reyes", onde ao protagonista, Diego, sucedenlle unhas cousas un pouco raras na noite de reis.
Tamen aproveitamos para que Soraya, Bárbara e Patricia nos axudasen a a facer as adiviñas  nas que levamos un tempo traballando.
Tedes máis información no blogue da biblio BN

luns, 17 de decembro de 2012

sábado, 15 de decembro de 2012

NADAL

Pouco a pouco van chegando pedras para adornar a nosa árbore de Nadal. Tamen estamos a  preparar o festival , podedes informarvos no blogue do centro.




LITTLE SNOWMAN

Este é o título da canción que estamos a preparar na clase de inglés.


xoves, 13 de decembro de 2012

RECURSOS DE NADAL

Xa tedes no blogue da biblio BN recursos para ir preparandose para Nadal.
Tamen para preparara o Nadal estan chegando da casa unhas pedras decoradas para poñer na nosa árbore.

SEGUIMOS COS CONTOS

Seguimos desfrutando dos contos dos nenos e nenas, esta vez Ana sorprendéunos co conto " el secreto de Gertru", unha comilona xirafa. Grazas Ana.

mércores, 12 de decembro de 2012

CONTOS, CONTOS...

Hoxe foron Emma e Hugo P. os que nos contaron un conto para todos nós. Emma contóunos un de
" Bambi" e Hugo "A toupiña que quería saber que lle fixera aquilo na cabeza" Fixérono moi ben e todos estivimos moi atentos.
Falando de contos, tedes que visitar o blogue da biblio BN para desfrutar dun karaoKE de Nadal.


martes, 11 de decembro de 2012

CRONIÑÓN

Na nosa caixa das sorpresas hoxe apareceu unha invitación para ir a biblioteca a escoitar o conto    "CRONIÑÓN" que nos contou cromañona María, quen tamén nos preparou unha ambientación moi acorde co conto.
No blogue da biblio BN tedes o conto por si o queredes ver de novo.
Tamén tedes ahí as novidades e os contos seleccinados para Nadal.



luns, 10 de decembro de 2012

ENCONTXO

Mañá temos un novo  encontXo na biblio BN, esta vez será María a que nos conte un conto.



sábado, 8 de decembro de 2012

NOVIDADES

No blogue da biblio BN tedes unha selección de libros para este nadal y no blogue de ticsBN tedes un xogo co que podedes intentar facer os vosos propios petroglifos.

venres, 7 de decembro de 2012

O ESPELLO DO PINTOR

A excursión do mércores foi fantástica: coñecemos de cerca a obra de Eugenio Granell, pintamos un conto, "A illa máxica", coa axuda de Ruth e que máis tarde nos contou Laura e achegámonos un pouco máis a prehistoria coa exposición  fotográfica dos Petroglifos de Campo Lameiro. Un día moi completo!

martes, 4 de decembro de 2012

PINTURAS RUPES-TICs

Seguimos a traballar no " Bestiario de la prehistoria" , esta vez usando o Notebook da nosa pizarra dixital. Podedes ver no blogue de TICs como nos está quedando.


luns, 3 de decembro de 2012

EUGENIO GRANELL

O mércores iremos a ver a exposición de Eugenio Granell " o espello do pintor" e para ir preparando a visita podedes ir mirando o blogue da nosa  biblioteca



WEATHER CHART

Todos os días na clase de inglés facemos a rutina do tempo para ir amentando o noso vocabulario.Practicamos con unha canción que podedes ver e escoitar aquí.


xoves, 29 de novembro de 2012

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Hoxe, con Soraya, aprendemos a facer adiviñas: eleximos un elemento da prehistoria, fomolo describindo e a partires de ahí construimos a adiviña. Seredes quen de adiviñar na casa que é ?



INFORMACIÓN PREHISTÓRICA

Hoxe foi Cintia Seijas que nos trouxo información da prehistoría nunha montaxe onde hai dende un río con peixes, un cavernícola pescando, unha familia nunha caverna e a evolución do home. Como vedes é unha información moi completa. Bueno, tamén hai uns ovos pero de iso " non se fala".


mércores, 28 de novembro de 2012

QUE FIXEMOS HOXE?

Foi un día con actividades moi interesantes que nos preparou Soraya.
Primeiro vimos que a fariña que fixemos onte sirve  non só para cociñar, nós pintamos con ela mesturandoa con auga e cola. Qedounos un traballo moi bonito.
Logo coñecemos a "Guille", un simpático boneco co que Soraya nos explicou como facemos a dixestión.



PARABÉNS CAROL

Parabéns porque xa tes 4 anos. Hoxe celebrámolo en clase con todos os amigos e amigas.

martes, 27 de novembro de 2012

FACEMOS FARIÑA

Hoxe intentamos facer fariña como facian na prehistoria: moendo os grans de trigo con dúas pedras. Practicamos con pedras de distinto tamaño e forma e comprobamos que a mellor era a grande e chaira para poñer os grans e unha pequena para machacar. despois de moito machacar conseguimos facer un plato de fariña, foi moi divertido e interesante, ata as mestras o intentamos.

luns, 26 de novembro de 2012

LA GALLINA MARCELINA

Seguindo a noticia do outro día, na que vimos como na prehistoria xa facian fariña de trigo, hoxe a GALIÑA MARCELINA  amosóunos como facer a fariña e un biscoito a partires dun gran de trigo.
Foi Soraya quen  nos axudou: contou o conto e preparou actividades para traballar hoxe.
Foi unha mañá moi completa: escoitamos, picamos, secuenciamos, pegamos e coloreamos.

venres, 23 de novembro de 2012

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

Bicos, bicos e máis bicos. Iso é o que houbo hoxe no colexio para celebrar o DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO.
Tamén un contacontos na biblioteca e ata unha doce merenda en forma de beizos.
Toda esta información tédela no blogue da biblio BN



xoves, 22 de novembro de 2012

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

Mañá celebraremos o DÍA INTERNACIONA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO con un acto na biblio BN e algunha outra sorpresa...
Tedes unha recomendación de lecturas contra a violencia de xénero no blogue da biblioBN



DÍA DA MÚSICA

Iván, da clase de 5 anos e Aida sorprendéunos con un conto rimado nun teatriño de sombras para celebrar o Día da Música.
Podedes ver o video no blogue da biblio BN



NA PREHISTORIA TAMÉN COMÍAN VEXETAIS !

Hoxe traballamos na clase cunha noticia dun xornal que nos contaba que na prehistoria ademáis de comer carne dos animais que cazaban, tamén se alimentaban de vexetais. Utilizaban as plantas para facer fariña axudándose de dúas pedras para moelas.
Primeiro vimos a fotografía da noticia que estaba tapada cunha cortina negra e fómola descubrindo pouco a pouco mentres íamos dicindo o que pensamos que se atopaba detrás (un home facendo lume coas pedras, mans que facían azúcar ó machacar a planta, pedras...). logo lemos a noticia para comprobar se o que pensabamos nun principio era certo ou non. Miramos as partes que tiña a noticia e identificamos o titular. Logo pegamos nunha ficha o titular coa fotografía e escribimos as tres palabras clave que nos suxería a noticia: "dieta", "planta" e "harina". Así a trevés do xornal descubrimos outra das maneiras coas que obtiñan alimentos os prehistóricos!
Todo isto grazas a Soraya que traballou a noticia para nós.


mércores, 21 de novembro de 2012

A VOZ DA CAVERNA

Este é o nome do noso xornal para este curso. Nel iremos traballando ao longo do curso escribindo ou debuxando noticias que consideremos interesantes.
Hoxe queremos compartir con vós esta noticia que apareceu o pasado sábado no xornal " La Voz de Galicia"que está relacionada co noso proxecto.


ENCONTXO DE NOVEMBRO

O encontxo desde mes será moi musical, con el celebraremos o Día da Música.

xoves, 15 de novembro de 2012

MAGOSTO 2012

Ata o bo tempo nos quixo acompañar hoxe para celebrar o magosto. Un día fantástico e cun doce arrecendo a castañas, cos sons da canción que nos preparou Maika, a mestra de Inglés e o conto " A castañeira" que os nenos e nenas de 5 anos, coa axuda de Aida, nos contaron nun camishibai .
 Grazas as familias por esas cestas tan bonitas!
Se queredes ver máis do magosto podedes consultar o blogue de Voz Natura
Para ver o video consultade o blogue da BiblioBN




martes, 13 de novembro de 2012

luns, 12 de novembro de 2012

PROXECTO


Unha pel de mamut, unha cornamenta de un cérvido, pinturas rupestres...Todo isto é o que nos trouxeron Hugo R, Elsa e Irene.

domingo, 11 de novembro de 2012

TEMPO DE CASTAÑAS

Como sabedes o xoves día 15 imos celebrar o MAGOSTO na escola. Para que vaiades preparando,  no blogue da Biblio BN tedes unha chea de recursos, así coma no blogue de TICs

PROXECTO

Lucía tróuxonos unha bonita montaxe feita con  dinosaurios. Agora teremos que investigar se son ou non da prehistoria.


xoves, 8 de novembro de 2012

CUENTOS, CUENTOS, CUENTOS

Verdade que a todos nos gustaría mellorar a técnica para contar os contos? Pois Mª José colgou no blogue da biblio BN algo que nos pode vir moi ben.

PINTURA RUPESTRE

Entre a  información que nos trouxo hoxe Hugo Pensado hai unhas pinturas rupestres fantásticas.

martes, 6 de novembro de 2012

ALMANAQUE MUSICAL: NOVEMBRO

Hoxe traballamos a poesía do mes de NOVEMBRO do Almanaque Musical. Aquí vos amosamos o bonita que nos quedou.



mércores, 31 de outubro de 2012

TERRORÍFICO SAMAÍN

Hoxe foi un día terrorífico: completamos a nosa exposición de cabazas e visitamos a do colexio de Galán, a onde chegamos en autobús.
A primeira sorpresa que tivemos foi un rico arrecendo a cabaza, despois entramos no colexio para ver as caveiras que talaron os nenos e nenas, pero o que máis nos gustou foi aCOVA DO TERROR que hai na biblioteca e onde  Marga nos presentou a seu dono: o esquelete Manolo.
A mañá rematou con unha merenda onde comemos unhas arañas, uns fantasmas e uns morcegos que nos fixo a mamá de Cintia Seijas. Riquísimo todo!
Se queredes xogar a decorar cabazas, de maneira virtual, visitade o blogue de TICs , pasarédelo de MEDO!


martes, 30 de outubro de 2012

PROXECTO

Cada día temos  máis información  da prehistoria, hoxe aprendemos moitas cousas do oso cavernario.

A VOLTAS CO MEDO

Hoxe foi Mª José a que nos contou un conto de medo na biblioteca,aínda que ao final rimonos moito da bruxa do conto.
Tamén apareceron máis cabazas terroríficas na clase. Pouco a pouco vai crecendo o noso Samaín.

luns, 29 de outubro de 2012

SAMAÍN

Que divertido é o medo! Iso pensamos despois da visita a biblio BN para ver a exposición de libros para o Samaín.
Tamén apareceron na clase as primeiras cabazas taladas, unha delas  prehistórica! Isto fíxonos pensar se na prehistoria habería Samaín e a que lle terían medo os cromagnons. Despois de reflexionar un rato parecenos que lle terían medo aos animais grandes, coma ao oso cavernario pero tamén a animais pequenos coma as arañas, os morcegos. E seguro que tamén había bruxas e pantasmas.

domingo, 28 de outubro de 2012

XA SE ACHEGA O SAMAÍN

Xa faltan poucos días para a noite se SAMAÍN e no colexio estámonos preparando. Na biblioteca hai un exposición de libros de medo, no blogue da BiblioBN podedes atopar diferentes recursos así como no blogue de ticsBN .

BESTIARIO: O MAMUT

Xa empazamos a facer o noso BESTIARIO DA PREHISTORIA. O primeiro animal foi o mamut, que debuxamos con un lápis  sanguina e despois difuminamos cos dedos




LIDIA CUMPRE 4 ANOS

O venres Lidia cumpriu 4 anos e púxose moi contenta porque todos os amigos e amigas lle cantaron " parabéns para ti".Felicidades Lidia.

xoves, 25 de outubro de 2012

mércores, 24 de outubro de 2012

MENUDA PREHISTORIA !

Cantas cousas estamos aprendendo coa información que traemos da casa! E temos que seguir.

DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe celebramos o " Día da Biblioteca" con unha visita a nosa Biblio BN onde Mª José nos leu un poema de Carmen Gil moi divertido e escoitamos ese mesmo poema cantado pola autora.
Se queredes volver a escoitalo visitade a blogue da Bibliioteca

luns, 22 de outubro de 2012

UNHA CAVERNA PREHISTÓRICA

Esta é a caverna prehistórica que trouxo Ana a calse e que, segúndo nos contou, fixoa co seu pai. Dous artistas !

venres, 19 de outubro de 2012

FACEMOS LUME

Hoxe temos moitas e moi importantes noticias. Aroa, da clase de 3 anos, deixounos uns "elementos" que trouxo da casa. Tardamos un ratiño en descubrir que eran. Coa axuda de Patricia descubrimos que servian para facer lume como facian na prehistoria. Practicamos un pouco pero vimos que é moi dificil.  Desfrutamos moito con esta experiencia. Gracias a Aroa por compartir isto con nós  e a Patricia por axudarnos.

UN NOVO BLOG

No centro contamos con un novo BLOG, o das TICs onde Aida puxo uns fantásticos xogos para que practiquedes co rato.

INFORMACIÓN PREHISTÓRICA

Pouco a pouco imos tendo máis información  no noso recuncho prehistórico.

xoves, 18 de outubro de 2012

mércores, 17 de outubro de 2012

MÁIS INFORMACIÓN

Hoxe xa sbemos un pouco máis da prehistoria gazas a información que truxeron os nenos e nenas da súa casa.

martes, 16 de outubro de 2012

A PREHISTORIA

Xa están chegando as primeiras informacións dende casa para o noso proxecto, e todo moi interesante.

luns, 15 de outubro de 2012

BLA, BLA, BLA...

No blogue de A L, Aida ten colgado un interesantísimo artigo de " La Voz de Galicia"  sobre o desenvolvemento da linguaxe en E I. Todos deberíamos votarlle un vistazo.