xoves, 29 de outubro de 2015

UN DÍA DE MEDO!!!!

Xa empeza ben o día, con moito medo na Bibliobn con dous contos mostruosos e algunha canción.

           
             

Seguidamente visita ao CEIP de Galán para ver a exposición de cabazas e algo máis.


martes, 27 de outubro de 2015

BODEGÓN DE SAMAÍN

Ademáis de bonito foi divertido facer este bodegón.


MADALENAS DE SAMAÍN

Que ricas e monstruosas madalenas de cabaza fixemos!
Primeiro estudamos a receita para ver o que precisamos para a súa elaboración, que cantidades e en que orde temos que facer as diferentes tarefas.
Cando xa todo está claro poñemonos mans a obra : relamos, batemos, mesturamos e metemos no forno as nosas madalenas.
Para non esquencer como se fai cada un escribe a súa receita.

domingo, 25 de outubro de 2015

RELEVO INFORMATIVO: NICOLÁS, MARTINA E XOEL

Xa temos información de 3 deportes olímpicos.
Nicolás trouxo información do CICLISMO DE RUTA, un deporte que se practica en carretera e que a el lle gusta moito.


Martina trouxo información dun deporte que ela practica e para o que se precisa un cabalo: HÍPICA.


Xoel prefire deportes que se podan xogar  na casa por iso prefire o TENIS DE MESA


Despois de que cada un nos contara a información que trouxo da casa buscamos nas escaleiras a icona correspondente a cada deporte e puxemoslle o nome e a nosa foto con unha coroa de olivo como corresponde a un campión.





luns, 19 de outubro de 2015

TODO ES RELATIVO

Isto é o que puidemos comprobar hoxe despois de ler o libro "ESTO ES RELATIVO".

domingo, 18 de outubro de 2015

XOGO A LER

A pasada semana empezamos o "XOGO A LER" deste curso.
Como actividade previa ao traballo da casa, en clase, escollemos un libro, buscamos a portada, rexistramos o número e poñemos a data.

A continuación pegamos a portada no caderno no que logo de ler o libro, xa na casa, temos que escribir o título, poñer o nome do autor ou autores e por último facer un debuxo.

Este é o resultado do traballo do primeiro préstamo.

xoves, 15 de outubro de 2015

E CHEGARON AS MUSAS!

As musas apareceron hoxe en Barrionovo para inspirarnos na investigación do noso proxecto .


MEDINDO E ORDENANDO

Despois da actividade que fixemos na biblioteca, onde fixemos unha estimación con diferentes tubos para ver cal podía ser o tamaño do " testigo" da carreira de relevos, medimos os tubos e anotamos a medida real e ordenamos por tamaños, repetimos a actividade en clase e ordenamos os tubos de menor a maior  empregando os números ordinais.


martes, 13 de outubro de 2015

venres, 9 de outubro de 2015

XOGAR A LER.

Hoxe comezamos con préstamo semanal de libros para ler e trababllar na casa. Recordade que o martes teñen que estar de volta na escola.
Felices lecturas!







xoves, 8 de outubro de 2015

PRIMEIRA TESTEMUÑA

Nicolás trouxo a primeira información do proxecto Barrionovo 2016.
Elexiu a icona que representa ao CICLISMO EN RUTA, que el practica con seu papá e lle gusta moito.
Non podedes deixar de visitara o blog da biblioBN para ver que actividade tan interesante se desenvolveu hoxe.


luns, 5 de outubro de 2015

AS UVAS DE SAN MIGUEL

Que boas uvas nos trouxo O SAN MIGUEl !

ANIVERSARIO DE GIANIS

Parabéns Gianis no teu aniversario.



UNA OVEJA LANADA, LANUDA

O venres foi un día de moita actividade na nosa biblioteca: coñecemos a unha ovella lanada, lanuda, presentáronnos o cartel das bibliotecas escolares para este curso 2015- 2016 e os nenoa e nenas de 5 anos fixéronlle entrega dos carnés da biblioteca aos nenos e nenas de 3 anos.
Para rematar todos levamos unha ovella para cosa
.