sábado, 9 de febreiro de 2013

ENTROIDO 2013

Aquí tedes as imaxes da festa do ENTROIDO onde todos o pasamos tan ben: nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas, irmáns e mestras.Grazas a todos pola vosa colaboración.
Podedes ver outra presentación no blogue do colexio.

xoves, 7 de febreiro de 2013

MAÑÁ TEMOS FESTA!

 Hoxe cumprimos o último mandadiño do entroido deste ano e xa estamos prerando a festa de mañá.
 Tedes a información da festa  no blogue do centro.


PARABÉNS AINHOA

Pouco a pouco imos sumando nenos e nenas que cumpren 5 anos, hoxe foi Ainhoa. Parabéns.


mércores, 6 de febreiro de 2013

CARAS PINTADAS

Así aparecemos hoxe todos en clase, coa cara pintada de negro e así nos fotografamos co meco. Mañá temos o noso último mandadiño antes da gran festa.

martes, 5 de febreiro de 2013

MANDADIÑO 2

Un óso e un colar foi o que trouxemos hoxe, maná...
Se queredes xogar a disfrazarvos visitade o blogue de ticsBN e se queredes ver os complementos reciclados de outros nenos visitade o blogue de Voz Natura.



PARABÉNS IKER

Hoxe todos che desexamos un feliz cumpreanos.


luns, 4 de febreiro de 2013

XA EMPEZOU A FESTA

Xa empezamos hoxe a celebrar o ENTROIDO!. É por iso que xa cumprimos o primeiro mandadiño que era traer un óso. Teredes que mirar o blogue do centro para saber o que hai que traerf mañá.
E para ir preparando ben a festa tedes moitos recursos no blogue da biblio BN  para traballar.

xoves, 31 de xaneiro de 2013

E QUE PODO FACER EU ?

Esta é a recreación que fixemos do conto " e que podo facer eu ?" de José Campanari e Jesús Cisneros de OQO editora.

mércores, 30 de xaneiro de 2013

FESTIVAL DO DÍA DA PAZ

Aquí tedes unha mostra deste PACÍFICO DÍA. No blogue da biblio BN tedes o audiovisual que Aida preparou para nós e outra presentación do festival.
Recordovos que que no blogue do centro tedes o vídeo do festival de Nadal.

XA ESTÁ O CARNÉ COMPLETO

Xa completamos o carné "para ler en PAZ" co conto " HOMBRE LUNA" de Tomi Ungerer  e estamos desexando saber que sorpresa nos espera o día da PAZ.

luns, 28 de xaneiro de 2013

HOMBRE DE COLOR ?

Ese é o título do libro "para ler en PAZ" que o encargado elexiu hoxe . Quen é de verdade de cor? Nos xa sabemos a resposta.

domingo, 27 de xaneiro de 2013

FALTA MENOS

Xa falta menos para celebrar o Día da Paz, xa só nos quedan duas casiñas por cubrir no noso carné despois de ler "O SORRISO DE DANIELA" de Carmen Gil e Rebeca Luciani.


xoves, 24 de xaneiro de 2013

SOPA DE CALABAZA

"Sopa de calabaza" de Helen Cooper é o libro que lemos hoxe na biblioBN , é o terceiro do naso carné "queremos  ler en PAZ ". Se queredes ver máis presentacións desta actividade consultade o blogue da biblioBN


mércores, 23 de xaneiro de 2013

SEGUIMOS LENDO EN PAZ

Hoxe tocoulle o turno ao libro "BRANCOS E NEGROS" de David Mckee  e con el xa temos duas casiñas do noso carné cubertas.

martes, 22 de xaneiro de 2013

PARA LER EN PAZ

Hoxe apareceu na aula un sobre da biblioBN . Dentro había un carné con unha folla de instruccións que teremos que ir cumprindo ao longo desta semana e a que vén. Xa temos a primeira casiña do carné cuberta co número 7 que corresponde ao libro " UNA PIZCA DE PIMIENTA" de Helen Cooper.
Mañá leremos un novo libro.


luns, 21 de xaneiro de 2013

venres, 18 de xaneiro de 2013

venres, 11 de xaneiro de 2013

ITSY BITSY SPIDER

Esta é a canción que estamos a preparar con Maika na clase de inglés.Aquí tedes o vídeo por si queredes practicar na casa.



XANEIRO

Así nos quedou a nosa poesía do mes de xaneiro


mércores, 9 de xaneiro de 2013

EMPEZAMOS DE NOVO

Xa estamos de volta das vacacións e coas pilas ben cargadas para  traballar. Empezamos lendo dous preciosos libros que nos trouxeron os Reis Magos, xunto con un chupa-chups para cada un.
Hoxe retomamos o noso proxecto " a prehistoria...menuda historia"  traballando con un linoleo e tinta para imprimir unha curuxa.
Tamén temos xa os primeiros deberes para este mes no blogue da biblioBN, aínda que xa levamos a información para casa.




venres, 4 de xaneiro de 2013

AGASALLO DOS REIS MAGOS

No blogue da biblio BN tedes un agasallo en forma de libro para o día de REIS e algunhas novidades máis.
FELICES REIS PARA TODOS E TODAS!