sábado, 9 de febreiro de 2013

ENTROIDO 2013

Aquí tedes as imaxes da festa do ENTROIDO onde todos o pasamos tan ben: nenos e nenas, pais e nais, avós e avoas, irmáns e mestras.Grazas a todos pola vosa colaboración.
Podedes ver outra presentación no blogue do colexio.

xoves, 7 de febreiro de 2013

MAÑÁ TEMOS FESTA!

 Hoxe cumprimos o último mandadiño do entroido deste ano e xa estamos prerando a festa de mañá.
 Tedes a información da festa  no blogue do centro.


PARABÉNS AINHOA

Pouco a pouco imos sumando nenos e nenas que cumpren 5 anos, hoxe foi Ainhoa. Parabéns.


mércores, 6 de febreiro de 2013

CARAS PINTADAS

Así aparecemos hoxe todos en clase, coa cara pintada de negro e así nos fotografamos co meco. Mañá temos o noso último mandadiño antes da gran festa.

martes, 5 de febreiro de 2013

MANDADIÑO 2

Un óso e un colar foi o que trouxemos hoxe, maná...
Se queredes xogar a disfrazarvos visitade o blogue de ticsBN e se queredes ver os complementos reciclados de outros nenos visitade o blogue de Voz Natura.



PARABÉNS IKER

Hoxe todos che desexamos un feliz cumpreanos.


luns, 4 de febreiro de 2013

XA EMPEZOU A FESTA

Xa empezamos hoxe a celebrar o ENTROIDO!. É por iso que xa cumprimos o primeiro mandadiño que era traer un óso. Teredes que mirar o blogue do centro para saber o que hai que traerf mañá.
E para ir preparando ben a festa tedes moitos recursos no blogue da biblio BN  para traballar.