sábado, 25 de xuño de 2016

martes, 21 de xuño de 2016

RELEVO INFORMATIVO: CHEGAMOS A META!

Hoxe tivemos un encontro na biblioteca onde cada aula presentou o resumo do traballo deste curso.
Aquí tedes, neste vídeo, o noso.

mércores, 15 de xuño de 2016

RELEVO INFORMATIVO: THIAGO, SAAD E IVÁN

Eestes son os tres últimos deportes do que os nenos aportaron información: Thiago trouxo información do tiro, Saad  do canotaxe slalon e Iván do remo.




Despois de explicar aos compañeiros e compañeiras  cada deporte buscamos as iconas que están nas escaleiras e cada un pegou a súa foto.




martes, 14 de xuño de 2016

domingo, 12 de xuño de 2016

SAÍDA DE FIN DE CURSO

Nesta saída visitamos o Museo Etnolúdico de Galicia en Ponteceso e o Forno do Forte en Buño (Malpica).

sábado, 11 de xuño de 2016

sábado, 4 de xuño de 2016

venres, 3 de xuño de 2016

VISITA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO PASTORIZA

Xa sabemos un pouco máis dos deportes grazas a Pablo e Iván das Escolas Deportivas do Pastoriza.
Tedes toda a información no blog da biblioteca.

xoves, 2 de xuño de 2016

IMOS DE FESTA!

O sábado día 4 celebraremos, un ano máis, a Festa de Fin de curso de VOZ NATURA, e o cole xa ten o seu espazo preparado para quen queira visitarlo.
Agardámosvos!

mércores, 1 de xuño de 2016

INFORMACIÓN DO PROXECTO E REALIDADE AUMENTADA

Utilizando o IPAD vimos a información do proxecto que trouxemos da casa dunha maneira diferente, con   REALIDADE AUMENTADA. Para elo escaneamos, coa aplicación AURASMA, a foto de cada un que está á carón das iconas situadas nas escaleiras e que nos leva ao traballo feito na casa.

AS SEDES OLÍMPICAS EN GOOGLE MAPS

Hoxe situamos no Google Maps  a sede  dos xogos olímpicos de Amberes 1920 onde Luis Otero obtivo a medalla de prada.
Seguiremos con outras sedes.
Esta é unha actividade colaborativa  que estamos a desenvolver nas tres aulas



CÓDIGO QR DOS ALLOS

No taller TIC, coa profe Raquel, fixemos o código QR dos allos e xa o puxemos no horto para que podamos escanealo e ver a información elaboramos entre todos.