venres, 28 de outubro de 2011

HOXE É SAMAÍN

Tamén hoxe apareceu unha cabaza na clase, a de Angel, que colocamos xunto coas outras, na entrada do colexio.
Despois fomos a Galán para ver a exposición de cabazas y alí tivemos unha sorpresa: a profe Marga e tres nenas do colexio Alba, Andrea e Elisa contáronnos o conto "SOPA DE CALABAZA" e amosáronnos a biblioteca e nos explicaron o porque están os libros colocados en andeís de distinta cor.
A saída da escola cada un de nós levou unha piruleta de Samaín para casa.


xoves, 27 de outubro de 2011

O SAMAÍN NO COLEXIO

Seguimos a desfrutar co Samaín no colexio. Hoxe 4 nenos trouxeron cabazas adornadas: Ainhoa, Nicolás, Ana e Xavier. Todas están colocadas na entrada do colexio xunto coas dos nenos e nenas de outras clases.
Tamén pintamos unhas cabazas para facer unhas etiquetas  que levaremos mañá a Galán para ver a exposición de cabazas  e algunha ourtra sorpresa.


mércores, 26 de outubro de 2011

XA CHEGA O SAMAÍN

Xa chega o samaín e nós estamos preparando varias actividades para celebralo: Mª José contóunos o conto de "Corre corre cabaciña", con  Aida estamos preparando unha canción  de Mamá Cabra.
Tamén estamos adornando a clase y seguramente mañá teremos algunha cabaza na clase.






luns, 24 de outubro de 2011

POR FIN NO COLE NOVO

Por fin hoxe xa tivemos clase no colexio novo! Os nosos papás, mamás e algunha avoa acompañáronnos ata a clase e todos puidemos ver o bonita que está .
Creo que pasamos un gran día comprobando que POR FIN temos sitio para traballar, xogar, ler...


domingo, 23 de outubro de 2011

QUE SERÁ ? SERÁ...

Mañá descubriremos onde está o mural que pintamos no outro cole e que se atopa colgado no novo, pero ONDE ?

venres, 21 de outubro de 2011

DISCULPAS

Que ilusión estrear un colexio!!!. Eso era ás nove da mañá pero ás nove e cinco a ilusión era a mesma pero por culpa dunha fuga de auga non foi posible.
Sentimos moito as molestias que este feito supuxo para vós e para os nenos e nenas que tan ilusionados estaban.
Queremos darvos as grazas pola vosa comprensión e procuraremos que o luns sexa un día inesquencible para todos e todas.

xoves, 20 de outubro de 2011

luns, 17 de outubro de 2011

XA QUEDA MENOS

Xa queda menos para estrear o novo cole, as nosas cousas van chegando no camión do Concello.

sábado, 15 de outubro de 2011

venres, 14 de outubro de 2011

MUDANZA

Hoxe o noso colexio estaba irrecoñecible, nas mesas en vez de nenos e nenas había caixas e caixas...

xoves, 13 de outubro de 2011

DESPEDIDA

Hoxe foi a último día de clase nos módulos, cando voltemos a escola xa estaremos na nova e bonita ESCOLA DE BARRIONOVO .Como despedida fixémonos unha foto todos xuntos para que nos quede de recordo.
As mestras e mestre traballaremos estes días para que o día 20 podamos empezar unha maravillosa etapa chea de grandes proxectos.

AS NOSAS FOTOS DA FRAGA DE SISALDE

Estas son as magníficas fotos que sacamos entre todos

mércores, 12 de outubro de 2011

SISALDE

Por fin chegou o gran día !!!!
Hoxe fomos de excursión a FRAGA DE SISALDE e tivemos un día estupendo, de moito sol.
Fomos no autobús ata a fraga e alí fixemos un longo percorrido andando. Estivemos moi atentos as explicacións de Oscar y fomos tomando nota das árbores que atopamos poñendo unha marca na ficha que levamos.
Tomamos a merenda ao lado do muiño e despois visitámolo por dentro.
Voltamos para o colexio cansos pero moi contentos.


luns, 10 de outubro de 2011

VISITA A FRAGA DE SISALDE

Mañá iremos a visitar a FRAGA DE SISALDE, en Arteixo, para comprobar  que tipos de árbores e animais hai, cales coñecemos , como van cambiando as cores das follas no outono...
Para poder recordar todo, cando estemos de volta na escola,  imos facer moitas fotos e ímolas facer nos mesmos, por iso hoxe estivemos practicando na clase facéndonos fotos uns aos outros.
Mirade que ben o pasamos.


venres, 7 de outubro de 2011

LA JIRAFA RAFAELA

No taller de contos que temos con Mª José esta semana aprendemos o conto da " JIRAFA RAFAELA" .e despóis pasámolo moi ben facendo unha xirafa ben bonita que levamos para casa.
Na seguinte dirección podedes ver no blog de Mª José, Menos Lobos, a autora  Carmen Gil, recitando o seu conto http://menos-lobos.blogspot.com/2010/12/la-jirafa-rafaela.html