sábado, 30 de abril de 2016

TRANSPLANTANDO LEITUGAS

Os nosos semilleiros de leitugas xa creceron e por iso as transplantamos para que sigan medrando a espera de poder comelas dentro de pouco.

MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN

Para rematar  abril, mes amigo dos libros, Geli avoa de Michele,  4 anos, e madriña de Noa, 5 anos, leunos o conto  "TROCO".

xoves, 28 de abril de 2016

MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN

Belén, mamá de Xoel e Silvia, mamá de David, os dous da clase de 5 anos animáronnos a primeira hora da mañá con dous contos: " O XIGANTE DO PANTANO" e " LA CLASE DE LA MOSCA FOSCA".

VISITA A BELAS ARTES

Un ano mais visitamos o museo de Belas Artes en A Coruña e unha vez mais resultou un éxito.
Explicáronnos  como se facían os retratos na antigüidade, xogamos  ao "vexo, vexo" co cadro "Vista da Coruña1830" de  Lugrís González e coloreamos a Torre de Hércules.
Tentamos imitar a escultura " Corredor" despois de analizala.
Diante do cadro " A apoteose de Hércules" contáronnos unha divertida historia de Hércules e Xerión.
Amosáronnos as ferramentas que se usan para esculpir e que usaron para facer a escultura " Árbore"
E para rematar tranformamos o cadro " As mariscadoras" de Seoane con diferentes elementos: plastilina, papel celofán, pinturas...
Grazas a xente do museo por este día.





mércores, 27 de abril de 2016

MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN

Mónica, a mamá de Ángel da aula de 4 anos alegrounos o comezo do día con conto " UNHA FESTA SORPRESA".

martes, 26 de abril de 2016

MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN

Cocorico e un oso foron os protagonistas desta xornada:
A mamá de Nicolás de 4 anos fixonos desfrutar moito co conto de " COCORICO" e Ana, madriña de Lucía de 5 anos con "WE´R GOING ON A BEAR HUNT".


luns, 25 de abril de 2016

GAVIOTA HIPERBÓREA

Despois de traballar a noticia que apareceu no xornal " La Voz de Galicia": Arteixo, centro de peregrinaje de gaviotas, quixemos saber un pouco máis delas.


A nós tocounos investigar a GAIVOTA HIPERBÓREA .


Primeiro buscamos cal é o seu nome científico e para iso recurrimos a Wikipedia.


Nos xornal decía que viña do Polo Norte e buscamos no mapa onde se atopa.


Tamén localizamos Arteixo e a Praia de Alba onde apareceu.


Por último colocamos a gaivota no mapa do Ecosistema Arteixán que está na entrada do cole. 


Así o reflexamos nós



MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN

Tamén hoxe tivemos doble sesión na biblioteca: Linda, mamá de Victoria de 5 anos, contounos          " PETE DE CAT AND HIS FOUR GROOVY BOTTONS" precioso conto en inglés
Jessy, mamá de Celia de 3 anos leunos un conto moi primaveral " Y DE PRONTO ES PRIMAVERA"

domingo, 24 de abril de 2016

FEIRA MATEMÁTICA 2016

Ata o bo tempo nos quixo acompañar nesta xornada onde as matemáticas foron as protagonistas.

DÍA DO LIBRO 2016

Foi unha celebración moi completa: lectura, presentacións e premios.
Toda a información está no blog da biblioBN.
E recordade que OS LIBROS SON PARA VALENTES!


MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN

Esta vez foi Sefe, mamá de Valentina da aula de 3 anos, quen nos contou " O SONO DO GALO"

xoves, 21 de abril de 2016

21 DE ABRIL: ACENDIDO DA ANTORCHA OLÍMPICA

As 12 da mañá tivo lugar a cerimonia oficial de acendido da antorcha olímpica e un rato antes na nosa biblioteca tamén alumeou a chama sagrada,
Nas aulas puidemos ver a cerimonia en directo .


mércores, 20 de abril de 2016

MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN

 Hoxe tivemos doble sesión de conto: Ana , mamá de Sara de 3 anos, contouunos "LOLA SE VA A AFRICA" e Nieves, mamá de Pablo de 5 anos" SA LVAJE".

MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN

A mamá de Yago, de 3 anos, contounos " CRIPÍN, EL CERDITO QUE LO TENÍA TODO".

domingo, 17 de abril de 2016

RELEVO INFORMATIVO: EDGAR E MARTIÑO

Antes do encontro na biblioteca para compartir co resto do cole a información traida da casa, Edgar e Martiño contaronno na clase, explicando porque elexiron  ese  deporte : rugby e taekwondo respectivamente.

 

Cada un buscou a icona correspondente ao deporte e pegou a súa foto.




MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN

Rocio, mamá de Nicolás, fíxonos ver en PERDIDO? que un neno e un pingüin poden ser bos amigos,


RELEVO INFORMATIVO IV

Hoxe reunímos na biblioBN para compartir cos compañeiros e compañeiras a información que trouxemos da casa dos deportes olímpicos.


xoves, 14 de abril de 2016

MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN

 Hoxe foi Lidia, mamá de Edgar, quen nos alegrou a primeira hora da mañá con un bonito conto "TIBULÍ SUEÑA EN COLORES".


mércores, 13 de abril de 2016

JUDO NA BIBLIOTECA

Tres judokas olímpicos e o papá de Martina son os responsables de un encontro ameno, interesante e divertido que tivo lugar hoxe na biblioBN.

MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe foi Lorena, a mamá de Carmen, a que nos contou " A viaxe de mamá".

luns, 11 de abril de 2016

EMPANADILLAS DE ACELGAS

Coas acelgas que colleitamos o venres no horto fixemos unhas empanadillas engadíndolle un pouco de xamón cocido e queixo relado. Píntamolas con ovo e enfornamos.
Traballamos a receita e debuxamos a empanadilla.
Este é o resultado.


MES DO LIBRO: AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe foi a mamá de Anxo, da aula de 3 anos, quen nos contou " A voda do Galo Pinto"

domingo, 10 de abril de 2016

MES DO LIBRO: VISITA A BIBLIOTECA MIGUEL SANDE E AS FAMILIAS CONTAN

Continuando coas actividades do mes de abril, mes do libro, fixemos unha visita a biblioteca  Miguel Sande convidados polas Bibliotecas Municipais de Arteixo.
Na nosa biblioteca son as familias as que contan e esta vez tocoulle a madriña de Iker e kevin.


luns, 4 de abril de 2016

venres, 1 de abril de 2016

ABRIL MES DO LIBRO

Que mellor comezo do Mes do Libro que un encontXo na nosa biblioteca con Sabela Fernández Trelles que nos explicou como desfacernos dos nosos medos?
Tedes toda a información no blog da biblioteca.

ANIVERSARIO: DANIEL.

Aínda que o aniversario foi en decembro un inoportuno olvido fai que hoxe lle desexemos un feliz aniversario  con moito retraso, parabéns Daniel!