mércores, 29 de abril de 2015

VISITA A BIBLIOTECA MIGUEL SANDE

Despois de que Miguel Sande nos  visitara  no cole, cumpría devolver a visita, así que fomos a Biblioteca Municipal que leva o seu nome a escoitar un conto e algunha canción.



xoves, 23 de abril de 2015

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

Para celebrar este día tivemos a visita do escritor e xornalista MIGUEL SANDE, nacido en  Pastoriza e quen da nome a biblioteca municipal Puidemos facerller moitas preguntas para saber do seu traballo e contounos algunhas cousas de cando el era neno e ía   a escola.
Levamos para casa un fermoso agasallo que fixemos na clase de Arte con Mª José.






luns, 20 de abril de 2015

mércores, 15 de abril de 2015

BISCOITO DE CENORIAS

Por fin fixemos o noso biscoito coas cenorias que arrincamos do horto da escola.
Primeiro estudamos a receita para coñecer os ingredientes y saber como facelo.
Despois contamos, pesamos, medimos, batemos, mesturamos e metemos o biscoito no forno.
Case todos o probamos e estaba boísimo!
Aquí tedes a receita por si queredes repetir na casa.


luns, 13 de abril de 2015

MATRIOSKA

GRANDE, PEQUENO, MEDIANO. Hoxe quedáronnos moi claros estes conceptos traballando coas matrioskas despois de ver de novo a curta do venres.



mércores, 8 de abril de 2015

UNHA VOLTA MOI MOVIDA

Esta semana é pequena pero chea de actividades no colexio: desfixemos unha maleta, empezamos  a facer un plano emocional de pastoriza e limpamos o horto.
Dádevos un paseo polos diferentes blogues do centro para ter máis información.




BEEBOT CONTRA ESCORNABOT

Coa "profe" María estivemos facendo unha comparativa entre o beebot e o escornabo. Despois de observar a cada un chegamos a algunhas conclusións que aparecen transcritas aquí.



PARABÉNS CARMEN!

Que se cumpran todos os desexos que pediches ao soprar a vela, parabéns!


mércores, 1 de abril de 2015

FONOTECA DOS 101 NOMES

Esta foi a primeira actividade da FONOTECA DOS 101 NOMES pero esperamos moitas máis, animádevos a participar.