venres, 30 de marzo de 2012

HAPPPY EASTER

Para rematar este trimestre desfrutamos  dunha divertida festa no colexio.Coa axuda dunhas pistas que nos chegaron a clase  e que tivimos que ler en galego e inglés,  buscamos, no bosque de Barrionovo, os ovos de Pascua que colocamos na cesta feita en clase coa botella de plástico que trouxemos de casa.
FELICES VACACIÓNS PARA TODOS E TODAS!
HAPPY EASTER!





xoves, 29 de marzo de 2012

EASTER

Na clase de inglés seguimos preparando a festa do venres, EASTER, pintando uns ovos para decorar o cole.

mércores, 28 de marzo de 2012

FELICIDADES ALMUDENA

Hoy Almudena cumplió 4 años. Todos le deseamos un FELIZ CUMPLEAÑOS cantando Y disfrutamos con las "chuches" que trajo de casa.
PARABÉNS ALMUDENA!!!!

martes, 27 de marzo de 2012

CONTACONTOS

O noso contacontos de hoxe  foi na biblioteca municipal de Pastoriza " Miguel Sande", onde nos recibiu moi amablemente Manoli, a bibliotecaria.
Alí, Marisa nos contou dos contos, un de Pinocho e outro de ras.
Primeiro Pinocho perdeu o nariz e despóis un príncipe Ra se convirte en unha moto, que era o desexo da princesa Ra.
Como vedes dous contos moi divertidos.
Tedes máis información no blog da Biblio BN.




luns, 26 de marzo de 2012

HAPPY EASTER

Dentro da tradición dalgúns países anglosaxóns, atopámonos coa Pascua, "Easter", cunha maneira de celebrala distinta a nosa, polo que estes días ímola traballar na clase, con diferentes actividades, que iredes vendo ao longo da semana.
No blog da BiblioBN, temos unhas actividades que podedes facer na casa.




domingo, 25 de marzo de 2012

PLANTAMOS NO NOSO HORTO

O venres sementamos no horto tal e como o deseñamos na clase. Puxemos sementes de leitugas , cenorias, perexil e flores e  platamos bulbos de xacintos e narcisos.
Agora tan só nos queda esperar que crezan.
Ese día tomamos a merenda no patio e foi un picnic moi divertido.




Podedes ver máis fotos no blog de VOZ NATURA. Pinchar aquí

venres, 23 de marzo de 2012

SOMOS NOTICIA

Onte fomos noticia no xornal "La Opinión", onde aparecemos plantando castiñeiros en Larín para celebrar o Día da Árbore.
Se pinchades AQUÍ  veredes a noticia no xornal.

mércores, 21 de marzo de 2012

DÍA DA ÁRBORE

Estas imaxes reflexan o día tan bonito que pasamos hoxe celebrando o DÍA DA ÁRBORE.Cada un de nós plantou un castiñeiro e aprendemos moitas cousas da plantación. Pero, sobretodo, pasámolo moi ben.
Esperamos que de vez en cando podades ir cos vosos fillos e fillas a camprobar como medran.
Moitas grazas a Oscar e a Javier así coma aos veciños de Larín pola súa colaboración.




martes, 20 de marzo de 2012

luns, 19 de marzo de 2012

CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL

Que concerto tan divertido o de hoxe! Oscar e Victor amosáronnos 4 instrumentos que, tradicionalmente, se tocan no folclore galego: ZANFONA, GAITA, ACORDEÓN E TAMBORIL.
Despois de que interpretaran unhas cantas pezas, puidemos bailar e facerlles algunhas preguntas sobre a construcción dos instrumentos.
Grazas por facernos desfrutar da música!!!


domingo, 18 de marzo de 2012

PROXECTO

Xa temos moita información de España para o noso proxecto, grazas a todas as familias pola vosa colaboración.


xoves, 15 de marzo de 2012

VISITA DUN XORNALISTA

Dentro das actividades que estamos levando a cabo  no centro para celebrar a SEMANA DA PRENSA, hoxe tivemos a visita de un xornalista: LUÍS POUSA,responsable da sección de cultura de LA VOZ DE GALICIA e  irmán da profe Mª José.
Cotounos moitas e moi interesantes cousas da profesión de xornalista, da importancia da información, de como se fai un xornal. Dedicounos un artigo que el escribiu sobre Snoopy e tamén tivemos a oportunidade de facer preguntas que el contestou moi amablemente.
Para agradecerlle todo isto nós lle regalamos un marca páxinas da biblio BN
Aproveitando a visita Snoopy deixounos os carné de Snoopy adictos.
FOI UN GRAN DÍA, GRAZAS LUÍS!!!!





mércores, 14 de marzo de 2012

SEMANA DA PRENSA

Para celebrar  a semana da prensa na escola teremos, mañá, unha sorpresa no cole. Se queres saber de que se trata teredes que visitar o blog da biblio BN.
Que será, será?

PARABÉNS ESTELA

Estela hoxe estivo de "cumple" e celebrámolo en clase con unha rica torta de chocolate que trouxo de casa.
PARABÉNS ESTELA!!

martes, 13 de marzo de 2012

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Esta semana estamos celebrando a " SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA" e no blog da biblioteca tedes recursos para que poidades consultar.

CARNÉ DE SNOOPY ADICTOS

Xa temos os 7 puntos resoltos para conseguir o carné de SNOOPY ADICTOS, esperamos que Snoopy os mande pronto.

xoves, 8 de marzo de 2012

CON M DE MARZO E DE MULLER


Con M se escribe Marzo e se escribe Muller e hoxe é o noso día. Tamén   Google fai unha homenaxe a todas as mulleres do Mundo. Grazas a todas por acompañarnos e compartir con nós este conto, ROSA CARAMELO, que tantas cousas nos dí.
Na BiblioBN tedes máis información.



mércores, 7 de marzo de 2012

INVESTIGAMOS

Hoxe levamos deberes para casa: na nota que levan os nenos e nenas  se nos pide que busquemos información sobre España para despóis facer unha posta en común na clase.
Grazas pola vosa colaboración.

martes, 6 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER

O día 8 de marzo celébrase o DÍA DA MULLER e no colexio celebraremos na nosa biblioteca .
Tedes toda a información no blog da BiblioBN.

XOGAMOS AOS DETECTIVES

Hoxe chegou a clase unha carta que nos invita a ser detectives e buscar onde se atopa ESPAÑA. Mañá empezamos a investigar.

luns, 5 de marzo de 2012

MATRIOSKA

Este é o título do conto que nos contou hoxe Mª José axudándose da matriuska que ANA nos trouxo da casa.
Un conto precioso!! Grazas Ana.


sábado, 3 de marzo de 2012

CONCERTO E ALGO MÁIS

Se o concerto de Mamá Oca, no Pazo da Ópera da Coruña resultou fantástico e pasámolo estupendamente, non foi menos a visita á Casa das Ciencias incluido o planetario.O bo día de sol que fixo tamén axudou a que fora un día inesquencible para todos.Grazas a todos os nenos e nenas polo ben que vos portástedes!





xoves, 1 de marzo de 2012

CONCERTO DE MAMÁ OCA

Xa temos todo preparado para ir mañá ao Pazo da Opera para ver e escoitar o concerto de Mamá Oca.
Hoxe fixemos, con discos de algodón, unha pluma que teremos que levar posta na cabeza.
Etes días estivemos facendo uns interesantísimos xogos sobre instrumentos musicais no taller de TIC con Aida e por se queredes seguir xogando están colgados no blog de AL.


CHEGOU APRIMAVERA?

Iso parece a lo menos venda as camelias que trouxeron hoxe ao colexio IKER e XAVIER.
GRAZAS!