mércores, 31 de decembro de 2014

FESTIVAL DE NADAL

Aquí tedes unha mostra do festival de Nadal. Para ver máis tedes que ir ao blogue do centro


mércores, 24 de decembro de 2014

luns, 15 de decembro de 2014

domingo, 14 de decembro de 2014

sábado, 13 de decembro de 2014

PLATERO ESTÁ DE ANIVERSARIO

Na blioBN celebramos o 100 aniversario do libro de Juan Ramón Jiménez  " PLATERO Y YO".
Xa na clase  intentamos recoñecer as palabras que describen a PLATERO e démoslle cor.



martes, 9 de decembro de 2014

domingo, 7 de decembro de 2014

VISITA A CASA DAS CIENCIAS

Pasámolo en grande na nosa visita á Casa das Ciencias onde coñecemos o ceo e as estrelas grazas a Fugaz, vimos a un pitiño acabado de nacer e   unha morea de experimentos científicos.



XOGOS DE EDUCACIÓN VIAL

Mirade que xogos tan divertidos tedes no blogue de TICs!



BLOGUE DE MÚSICA

Pinchade debaixo  da imaxe e poderedes visitar o blogue de música e todas as actividades que hai nel.


xoves, 4 de decembro de 2014

VISITA DE MAITE ÁLVAREZ

O martes visitounos  Maite Álvarez, que traballa no Instituto Oceanográfico, para contar en que consiste o seu traballo, que instrumentos usa para as súas investigacións...
Tamén nos falou de Ángeles Alvariño, unha importante científica galega.

mércores, 3 de decembro de 2014

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS

O venres visitaremos a Casa das Ciencias na Coruña como remate do MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.


luns, 1 de decembro de 2014

NADAL SOLIDARIO

Este ano participamos no NADAL SOLIDARIO do CCA de Arteixo co lema " Arteixo 101 cores: ponlle cor ao teu Nadal"

DOBRE CUMPREANOS

Hoxe celebramos dous cumpreanos, o de GABRIEL e o de XOEL. A mamá de Gabriel fixo un biscoito  e os dous sopraron a vela dos 3 anos. Parabéns!.



martes, 25 de novembro de 2014

CONTAMOS A HISTORIA EN FEMININO

Éste é o título da actividade que tivo lugar na biblioteca para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

luns, 24 de novembro de 2014

RUEIRO DE PASTORIZA: EU VIVO...

Hoxe empezamos unha nova actividade para coñecer  cada unha das rúas de Pastoriza, un sobre viaxeiro percorrerás as casas dos nenos e nenas que nos irán contanto 101...historias.
Podedes entrar no blogue da biblioBN para ver un exemplo de como facelo.




25 DE NOVEMBRO

O 25 de Novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero con actividades no centro .

mércores, 19 de novembro de 2014

ONDE ME ENCONTRO?

Os nenos e nenas de 5 anos sairon a rúa para atopar Ciencia y compartirona con resto da escola.
Podedes comprobalo no blog da biblioBN

sábado, 15 de novembro de 2014

XOGO LIM DOS NOMES

No blog tics BN tedes o xogo que Aida elaborou  cos nomes de todos os nenos e nenas da aula de 3 anos para que podades xogar tamén na casa.


XOGAR A LER

Este venres empezamos unha nova actividade: o préstamo de libros para casa.
Aquí tedes  normas e consello que deberedes de ter en conta para desenvolver esta actividade na casa.
Que gocedes de unha boa lectura xuntos!


mércores, 12 de novembro de 2014

ARTE RODANTE

Hoxe Mª José demostrounos que as bólas de ensartar tamén serven para facer arte cando rodan sobre o papel.
Mirade; tamén; o que pasou con " Pequeno Azul e Pequeno Amarelo"

MAGOSTO 2014

Celebramos o magosto con moito ritmo, un conto e moitas castañas. Grazas as familias polas magníficas cestas que viñeron da casa.
Tedes máis información no blog de Voz Natura e no blog da EEI de Barrionovo
 

luns, 10 de novembro de 2014

PEQUEÑO PEATÓN

Seguimos a desenterrar libros na biblioBN e hoxe foi " PEQUEÑO PEATÓN" un divertido manual para chegar a ser peóns responsable.

xoves, 6 de novembro de 2014

BEEBOT

Hoxe na clase de TICs coñecemos a alguén que vive na bibliBN e non é un libro!
É o BEEBOT, un pequeno robot que está agochadiño no armario da bibli@TIC esperando que alguén o saque para xogar.


martes, 4 de novembro de 2014

ENCONTXO HALLOWEEN

Hoxe na biblioBN houbo moita actividade: Natuska, coa axuda de Sara, escenificóunos un conto de Halloween " The little old lady who was not afraid of anything" e despois resucitamos o libro "El pequeño cuervo y la luna".


venres, 31 de outubro de 2014

SAMAÍN NO CEIP DE GALÁN

Hoxe fixemos a nosa primeira excursión en autobús! Fomos visitar a exposición de cabazas do CEIP de Galán.
Na clase Edgar sorprendéunos con unha terrorífica cabaza talada e con duas pantasmas  dentro.


mércores, 29 de outubro de 2014

GALLETAS DE SAMAÍN

Para celebrar o Samaín fixemos unhas galletas de manteiga con unha receita que nos chegou dende a aula rosa por correo electrónico.
Primeiro traballamos a receita: ingredientes, cantidades e como facelo.
E deseguido mans a obra...
Este foi o resultado.
Tamén fixemos unha terrorífica visita a biblioBN.
Que vos guste e non vos asuste!

domingo, 26 de outubro de 2014

DÍA DA BIBLIOTECA

O venres tivemos un  encontro  moi matemático na biblioBN  para celebrar o DÍA DA BIBLIOTECA: ARTE MATEMÁTICO.

mércores, 22 de outubro de 2014

domingo, 19 de outubro de 2014

xoves, 16 de outubro de 2014

ONDE ME ENCONTRO?

ONDE ME ENCONTRO?
A esta pregunta tivemos que respostar hoxe despois de ver a Celia, mediante video conferencia, fora da escola.
Tedes máis información no blog da biblioBN.

mércores, 15 de outubro de 2014

PAPEL, PINTURA E ROLOS

Podedes comprobar o ben que o pasamos pintando en papel continuo  visitando o blog de arte.

XA TEMOS CARNÉS!

Xa somos socios da bibiloBN , xa temos o noso carné y os nenos e nenas de 5 anos nos regalaron un precioso poema.
Podedes ver a presentación no blog da biblioteca.

xoves, 9 de outubro de 2014

ONDE VIVES?

Iso é o que queremos saber de cada neno e nena para empezar co noso proxecto "Pastoriza:101 nomes" e por iso levamos para casa un sobre onde deberedes poñer todos os datos do enderezo.
Grazas pola colaboración.

luns, 6 de outubro de 2014

ARTISTAS

Estamos practicando para ser grandes artistas ,comprobádeo no blog de"artistas na rúa".

mércores, 1 de outubro de 2014

THE NEIGHBOURS

Xa podedes visitara o blog de inlgés "THE NEIGHBOURS" para ver as diferentes actividades.
Pinchade debaixo da imaxe.



domingo, 28 de setembro de 2014

TALLER DE LINGUAXE ORAL

Podedes ver as actividades do taller de linguaxe oral no blog "os laretas do barrio". A primeira é unha actividade de atención e discriminación auditiva.
Pinchade debaixo da imaxe para acceder ao o blog.

VENRES DE enCURTAS

Neste primeiro " venres de enCURTAS" vimos "AUTUMN STORY".Podedes volver a vela  no blogue da biblio BN

xoves, 25 de setembro de 2014

TICs

Hoxe estreamos a clase de TICs con un divertido xogo da DGT.
Podedes xogar sempre que queirades dende o blog de ticsBN


mércores, 24 de setembro de 2014

O NOSO PRIMEIRO ENCONTXO

Hoxe tivemos un día otoñal por completo. Primeiro fomos a biblioBN onde Aida nos preparou unha presentación das rúas en outono con música de Vivaldi e Mº José leunos un poema.
E na clase de arte, con Mª José, fixemos unhas ábores moi otonais .
Podedes ver mais información no blog da biblioBN e en Novos no Barrio pinchando enriba dos nomes.


luns, 22 de setembro de 2014

COCORICO

Despois de leer o conto " COCORICO" , a semana pasada, hoxe pintamos ao pitiño.

xoves, 11 de setembro de 2014

XA ESTAMOS TODOS

Pouco a pouco imos facendo amigos con quen compartir o noso tempo na esola e imos coñecendo as mestras que nos acompañaran este curso.

mércores, 10 de setembro de 2014

martes, 9 de setembro de 2014

EMPEZAMOS XA!


Empezamos esta nova etapa cheos de ilusión esperando que esta aula, que hoxe  está vacía, mañá estará chea de nenos e nenas, xogos, risas ... e algún que outro choro?
Benvidos e benvidas ao curso 2014-2015!