sábado, 28 de abril de 2012

CONTÍN CONTÓN

Para rematar a semana  Lorena, a mamá de Hugo, fíxonos desfrutar moito con este conto:"CONTÍN CONTÓN"
Pero aínda que rematou a semana das letras, na nosa biblioteca seguirán aparecendo contos sempre que alguén queira vir e compartir un anaco de tempo con nós.
Podedes ver máis no blog da biblioteca




xoves, 26 de abril de 2012

MÁIS CONTOS

Hoxe foi Álvaro o papá de Estela  o que nos contou un conto, "A VELLA LULULA" e que o fixo moi ben, como todos os que estes días estan vindo polo cole para agasallarnos cos seus relatos.
Grazas a todos e todas.
Para ver máis temos que ir ao blog da biblioteca.



mércores, 25 de abril de 2012

POEMA EN MOVEMENTO

Podedes ver no blog de AL o vídeo que Aida fixo na clase dun poema en movemento

SEMANA DO LIBRO

Seguindo coa celebración da semana do libro, hoxe tivemos dous contacontos na biblioteca.
Á primeira hora estivo María a mamá de Sara, da aula de 4 anos, que nos agasallou con "UN LIBRO".
Máis tarde Manoli, a bibliotecaria de Pastoriza contounos dous contos :  "GARAVANCIÑO"  e  "EL PÁJARO PUHUY", este último coa técnica do  kamishibai .
Mañá teremos máis.
Tedes máis informaicón no blog da biblioteca.




luns, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO 2012

Empezamos o día na clase lendo un libro que Hugo R. nos trouxo da biblioteca de Pastoriza e despois do recreo fomos a nosa biblioteca onde Mª José nos presentou unha poesía de Gloria Fuertes e nos leu o poema
"el libro tonto".
Por último, tivemos uns agasallos: o carné da nosa biblioteca e un marcapáxinas.
Podedes ver máis no blog da Biblio BN



PARABÉNS LUCÍA!

Hoxe, Día Internacional do libro, Lucía  cupriu anos, 4 anos.
Parabéns Lucía!!!




domingo, 22 de abril de 2012

ÚLTIMAS NOTICIAS DA BIBLIO BN

Empezamos a semana con varias noticias que podedes ver no blog da biblioteca: o luns 23 celebramos o Día do Libro e o xoves e venres estivemos presentes, representados por Mª José, nos Encontros do Plan de Mellora  de Bibliotecas Escolares.
Espéranos una interesante semana, sobretodo se algún papá, mamá, avó ou avoa se anima a contarnos algún conto.

mércores, 18 de abril de 2012

NORMAS DA BIBLIO BN

Xa temos feito o cartel coas normas de uso da nosa biblioteca que elaboramos entre todos os nenas e nenos do colexio. Podédelo ver no blog da biblio BN.


luns, 16 de abril de 2012

PARABÉNS HUGO R.!

Pouco a pouco xa todos e todas imos cumprindo 4 anos, hoxe tócalle a HUGO R, que o celebrou con unha rica torta de chocolate.
PARABÉNS HUGO!

venres, 13 de abril de 2012

PILAR

Hoxe foi o derradeiro día que Pilar no colexio y por iso lle fixemos unha cariñosa despedida, desexando que volva a vernos cando queira , aquí estaremos agardando.
 THANK YOU  Pilar por ensinarnos tantas cousas !!!!!!


xoves, 12 de abril de 2012

ABRIL E OS LIBROS

Abril augas mil
e libros para min.
Por iso tedes na biblio BN unha guía de lecturas para estas primavera e tamén actividades para coñecer un pouco mellor a H. C. Andersen.
Que desfrutedes!!!

mércores, 11 de abril de 2012

RÍO MANDEO

Cantas cousas aprendemos hoxe do Río Mandeo!! Temos que darlle as grazas a Manuel e Verónica, do Proxecto Mandeo.
Contáronnos un precioso conto, O MERLO RIEIRO, que nos falaba dos animais que viven nos ríos ou preto deles e tamén de como coidar  a auga para que sempre estea limpa.
Por último fixemos uns monicreques para xogar nun teatriño.
Foi unha actividade moi interesante con agasallo incluido: o conto que levamos para casa.




martes, 10 de abril de 2012

PARABÉNS CINTIA!!!

Nada máis voltar das vacacións e xa temos un "cumpre", o de CINTIA S. que cumpre 4 anos.
PARABÉNS CINTIA!!!

venres, 6 de abril de 2012

UN NEVADO SAÙDO

Un saùdo e un regalo: esta foto de Ourense todo nevado, para todos os nenos e nenas unha aperta

luns, 2 de abril de 2012

DÍA MUNDIAL DO LIBRO INFANTIL

Hoxe, día 2 de abril, celébrase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL en recordo do nacemento  de Hans Christian Andersen.
Felices lecturas para estas vacacións!!!!!
Máisinformación na  Biblio BN.