xoves, 29 de novembro de 2012

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Hoxe, con Soraya, aprendemos a facer adiviñas: eleximos un elemento da prehistoria, fomolo describindo e a partires de ahí construimos a adiviña. Seredes quen de adiviñar na casa que é ?



INFORMACIÓN PREHISTÓRICA

Hoxe foi Cintia Seijas que nos trouxo información da prehistoría nunha montaxe onde hai dende un río con peixes, un cavernícola pescando, unha familia nunha caverna e a evolución do home. Como vedes é unha información moi completa. Bueno, tamén hai uns ovos pero de iso " non se fala".


mércores, 28 de novembro de 2012

QUE FIXEMOS HOXE?

Foi un día con actividades moi interesantes que nos preparou Soraya.
Primeiro vimos que a fariña que fixemos onte sirve  non só para cociñar, nós pintamos con ela mesturandoa con auga e cola. Qedounos un traballo moi bonito.
Logo coñecemos a "Guille", un simpático boneco co que Soraya nos explicou como facemos a dixestión.



PARABÉNS CAROL

Parabéns porque xa tes 4 anos. Hoxe celebrámolo en clase con todos os amigos e amigas.

martes, 27 de novembro de 2012

FACEMOS FARIÑA

Hoxe intentamos facer fariña como facian na prehistoria: moendo os grans de trigo con dúas pedras. Practicamos con pedras de distinto tamaño e forma e comprobamos que a mellor era a grande e chaira para poñer os grans e unha pequena para machacar. despois de moito machacar conseguimos facer un plato de fariña, foi moi divertido e interesante, ata as mestras o intentamos.

luns, 26 de novembro de 2012

LA GALLINA MARCELINA

Seguindo a noticia do outro día, na que vimos como na prehistoria xa facian fariña de trigo, hoxe a GALIÑA MARCELINA  amosóunos como facer a fariña e un biscoito a partires dun gran de trigo.
Foi Soraya quen  nos axudou: contou o conto e preparou actividades para traballar hoxe.
Foi unha mañá moi completa: escoitamos, picamos, secuenciamos, pegamos e coloreamos.

venres, 23 de novembro de 2012

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

Bicos, bicos e máis bicos. Iso é o que houbo hoxe no colexio para celebrar o DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO.
Tamén un contacontos na biblioteca e ata unha doce merenda en forma de beizos.
Toda esta información tédela no blogue da biblio BN



xoves, 22 de novembro de 2012

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

Mañá celebraremos o DÍA INTERNACIONA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO con un acto na biblio BN e algunha outra sorpresa...
Tedes unha recomendación de lecturas contra a violencia de xénero no blogue da biblioBN



DÍA DA MÚSICA

Iván, da clase de 5 anos e Aida sorprendéunos con un conto rimado nun teatriño de sombras para celebrar o Día da Música.
Podedes ver o video no blogue da biblio BN



NA PREHISTORIA TAMÉN COMÍAN VEXETAIS !

Hoxe traballamos na clase cunha noticia dun xornal que nos contaba que na prehistoria ademáis de comer carne dos animais que cazaban, tamén se alimentaban de vexetais. Utilizaban as plantas para facer fariña axudándose de dúas pedras para moelas.
Primeiro vimos a fotografía da noticia que estaba tapada cunha cortina negra e fómola descubrindo pouco a pouco mentres íamos dicindo o que pensamos que se atopaba detrás (un home facendo lume coas pedras, mans que facían azúcar ó machacar a planta, pedras...). logo lemos a noticia para comprobar se o que pensabamos nun principio era certo ou non. Miramos as partes que tiña a noticia e identificamos o titular. Logo pegamos nunha ficha o titular coa fotografía e escribimos as tres palabras clave que nos suxería a noticia: "dieta", "planta" e "harina". Así a trevés do xornal descubrimos outra das maneiras coas que obtiñan alimentos os prehistóricos!
Todo isto grazas a Soraya que traballou a noticia para nós.


mércores, 21 de novembro de 2012

A VOZ DA CAVERNA

Este é o nome do noso xornal para este curso. Nel iremos traballando ao longo do curso escribindo ou debuxando noticias que consideremos interesantes.
Hoxe queremos compartir con vós esta noticia que apareceu o pasado sábado no xornal " La Voz de Galicia"que está relacionada co noso proxecto.


ENCONTXO DE NOVEMBRO

O encontxo desde mes será moi musical, con el celebraremos o Día da Música.

xoves, 15 de novembro de 2012

MAGOSTO 2012

Ata o bo tempo nos quixo acompañar hoxe para celebrar o magosto. Un día fantástico e cun doce arrecendo a castañas, cos sons da canción que nos preparou Maika, a mestra de Inglés e o conto " A castañeira" que os nenos e nenas de 5 anos, coa axuda de Aida, nos contaron nun camishibai .
 Grazas as familias por esas cestas tan bonitas!
Se queredes ver máis do magosto podedes consultar o blogue de Voz Natura
Para ver o video consultade o blogue da BiblioBN




martes, 13 de novembro de 2012

luns, 12 de novembro de 2012

PROXECTO


Unha pel de mamut, unha cornamenta de un cérvido, pinturas rupestres...Todo isto é o que nos trouxeron Hugo R, Elsa e Irene.

domingo, 11 de novembro de 2012

TEMPO DE CASTAÑAS

Como sabedes o xoves día 15 imos celebrar o MAGOSTO na escola. Para que vaiades preparando,  no blogue da Biblio BN tedes unha chea de recursos, así coma no blogue de TICs

PROXECTO

Lucía tróuxonos unha bonita montaxe feita con  dinosaurios. Agora teremos que investigar se son ou non da prehistoria.


xoves, 8 de novembro de 2012

CUENTOS, CUENTOS, CUENTOS

Verdade que a todos nos gustaría mellorar a técnica para contar os contos? Pois Mª José colgou no blogue da biblio BN algo que nos pode vir moi ben.

PINTURA RUPESTRE

Entre a  información que nos trouxo hoxe Hugo Pensado hai unhas pinturas rupestres fantásticas.

martes, 6 de novembro de 2012

ALMANAQUE MUSICAL: NOVEMBRO

Hoxe traballamos a poesía do mes de NOVEMBRO do Almanaque Musical. Aquí vos amosamos o bonita que nos quedou.