mércores, 31 de maio de 2017

ENCONTXOS COAS LETRAS GALEGAS: A FORMIGA ESQUIADORA

Esta vez foron os nenos e nenas da nosa clase os encargados de facer este encontXo.
Primeiro fixemos o escenario, aproveitando unha caixa de cartón e uns catálogos de mobles. Tamén debuxamos as formigas e a mosca protagonistas do conto.
E despois de algún ensaio xa todo está listo para contar o conto!

MAIO MIUDO 2017

A acción poética desta semana é un poema para o "MAIO MIUDO" que teremos que recitar cando vaiamos a Arteixo para celebralo.









MEDREMOS EN GALEGO! VI

Bo remate para o mes da Letras Galegas coa lectura de un conto compartido por unha mamá e unha avoa.

martes, 30 de maio de 2017

BRAZOS ROBÓTICOS

Hoxe traballamos dúas noticias xuntas: unha onde aparece un brazo robótico antigo e outra de un brazo robótico actual.
Fixemos unha comparación tanto dos materiais cos que están feitos  como do funcionamento.



luns, 29 de maio de 2017

OFICIOS ARTESANAIS: FAREIRO

Este é o resultado do traballo cos fareiros e os faros.



OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: GABRIEL

Gabriel explicounos a toda a clase como foi a súa experiencia  co Escornabot na casa e o ben que o pasou cos seus papás e as súas primas.

Así o escribiu no caderniño


Esta é a plantilla e a explicación do xogo


Así de ben o pasou na casa




mércores, 24 de maio de 2017

NOVA FERRAMENTA PARA AS LETRAS GALEGAS

Para traballar a Carlos Casares, homenaxeado este ano nas Letra Galegas, empregamos unha nova ferramenta: GLOGSTER, mural interactivo on line .
Primeiro decidimos o que queremos poñer no mural e despois buscamos a imaxes en internet e colocámolas no mural. Escribimos as etiquetas que precisamos.


Para explicar o que hai no mural gravamos as nosas voces co AUDACITY e despois insertámolas .



Este é o resultado

martes, 23 de maio de 2017

ENCONTxOS POLO PLANETA.

Vandana Shiva foi a protagonista de este encontro e a palabra clave foi COMPARTIR

FONOTECA DOS NOSOS OFICIOS

E hoxe tocoulle a un palilleiro, tío de unha nena da aula de 3 anos, que nos explicou cousas moi interesantes de este oficio.

ROBOTS EN 3R

Se visitades o blog da biblioBN podedes ver a explicación dos nenos e nenas de como fixeron os seus robots en 3R. Podedes buscar pinchando nas seguintes etiquetas  que están a dereita do blog: Familias, escornabot, Ecoloxía, non somos robots, concurso.

sábado, 20 de maio de 2017

domingo, 14 de maio de 2017

ARTE ROBÓTICA: COLLAGE

Sóanvos de algo estes collages? Seguro que si, pinchade no enlace para comprobalo.

ESCORNABOTS NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

O noso centro compartiu co resto de centros de Galicia o traballo feito cos Escornabots e agasallou aos novos centro co logo feito na impresora 3D.

VISITA A GALÁN

Este venres, acompañados das familias, visitamos o que será o noso colexio para o curso que ven.
Recibíronnos na biblioteca onde fixemos un debuxo que nos dará a benvida en setembro, visitamos as aulas de 1º de Primaria onde puidemos saudar a antigos compañeiros e compañeiras e algún irmán.
Na aula de música ensaiamos e cantamos  unha canción acompañados de papás e mamás e rematamos a xornada compartindo  cunha merenda.

xoves, 11 de maio de 2017

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: MICHELE

Xa está de volta o Escornabot da casa de Michele e explicou a toda a clase o que fixo na  plantilla: coa axuda da súa nai debuxou os seus coches favoritos, os escudos da marca e a bandeira do pais onde se fabrican. 


Esta é a explicación que el mesmo escribiu no caderniño.

Esta é a plantilla

Así traballou na casa