venres, 30 de setembro de 2011

POLO PEPE

Esta semana traballamos o conto " O POLO PEPE". Con el traballamos na área da linguaxe o recoñecemento dos nomes propios, as palabras barriga, pico, pata e mamá .
Tamén taballamos tamaños e cores e para rematar fixemos unha carouta do POLO PEPE  que hoxe levamos para casa


xoves, 29 de setembro de 2011

QUE ALUCINE DE CINE!!!!!

Por fin fomos ao cine! A película titulábase " O BOSQUE ANIMADO"  e estaba baseada na obra de Wenceslao Fernández Florez. Pasámolo moi ben indo no autobús e despois no cine.
Os profes din que nos portamos moi ben.
Podemos ver uns anaquiños da película no blog da BIBLIOTECA da escola


mércores, 28 de setembro de 2011

XA TEMOS ENTRADAS!!!

Xa temos as entradas para ir ao cine, mercámolas hoxe na taquilla que hai na entrada do cole con 6 € euros que nos repartíu a profe en clase.
Agora tan só nos queda disfrutar mañá da película. Xa vos contaremos

martes, 27 de setembro de 2011

IMOS AO CINE !!!!

O próximo xoves, día 29, imos ao cine. Iremos a ver "O BOSQUE ANIMADO" e no cole xa estamos preparando todo: os papás e mamás xa nos firmaron a autorización e as profes María e Mª José xa prepararon a taquilla para que podamos mercar as entradas que Aida nos fillo no ordenador.
Mañá iremos mercar cada un a súa entrada.


luns, 26 de setembro de 2011

SOMOS UNS ARTISTAS!!!!!

Hoxe xogamos con gomets de diferentes cores e formas y con eles fixemos unhas preciosas composicións.
Podedes ver que bonitas nos quedaron




martes, 20 de setembro de 2011

EL POLLO PEPE

Este é  o título do conto que Aida nos cantou hoxe e que tamén esoitamos cantar a Mamá Cabra. Todos estivemos moi atentos para aprendelo.

luns, 19 de setembro de 2011

FELIZ CUMPREANOS ADRIÁN


Parabens Adrián!!! Xa tes 3 anos e todos o celebramos na clase cunha torta feita de gominolas e soprando unha vela con un  número 3 . Todos cantamos o cumpreanos feliz.

sábado, 17 de setembro de 2011

4 NENAS

CINTIA SEIJAS, IRENE, LUCÍA E CAROL son os nomes das 4 nenas que viñeron o venres por primeira vez o colexio para pasalo ben xogando co resto de nenos e nenas.

xoves, 15 de setembro de 2011

CASE ESTAMOS TODOS

Hoxe viñeron por primeira vez o cole HUGO PENSADO, ESTELA, IKER E HUGO RODRÍGUEZ.

Pasárono moi ben xogando cos "compis" e escoitando un conto cantado sobre peixes que nos cantou a "profe" Aida.

mércores, 14 de setembro de 2011

3 MAIS


Hoxe na clase xa fomos 3 máis: XAVIER, ANA E NOA. Pouco a pouco xa nos vai gustando estar no cole e desfrutamos xogando cos nosos amigos.

martes, 13 de setembro de 2011

XA SOMOS 8

Xa estamos 8 en clase, hoxe viñeron por primeira vez ÁNGEL, ALMUDENA, CINTIA e NICOLÁS.Algún costóulle un pouco desprenderse da súa mamá ou do seu papá, pero ao final conseguimos pasalo ben.

luns, 12 de setembro de 2011

POR FIN EMPEZAMOS!

Por fin no colexio xa se escoitan risas,charlas, carreiras,  moita alegría, algún choro...Todo nos fai ver que xa empezamos o colexio.
Na aula de 3 anos hoxe empezaron 3 nenas e 1 neno: NATALIA, ADRIÁN, AINHOA E ELSA, que xa comeron a súa primeira merenda no "cole". E que ben o fixeron!

domingo, 11 de setembro de 2011

BENVIDOS E BENVIDAS

Benvidos e benvidas a este Novo Barrio, o Barrio de Cloti, onde os veciños e veciñas serán os nenos e nenas, os pais e nais , avós e avoas... e todos os que queiran parcipar nesta aventura que hoxe comenza, contaremos con todos e todas.