domingo, 31 de xaneiro de 2016

XA CHEGA O ENTROIDO

Xa chega o ENTROIDO e nós xa empezamos a preparalo coa primeira das actividades : o MECO, neste caso MECA, na que colocaremos os MANDADIÑOS a espera de que chegue o venres para a gran festa.

DÍA DA PAZ

Para celebrar este día empezamos na biblioteca cun encontro onde cada curso explica o traballo feito sobre a tregua olímpica ao resto de nenos e nenas e que se recolle nun díptico que levaremos para casa.
Mª José  presentóunos o traballo de Arte feito sobre o cartel da Olimpiada de México 68 e rematamos merendando flocos de millo nos recipientes feitos na clase Arte.



mércores, 27 de xaneiro de 2016

ASINANDO A TREGUA OLÍMPICA

Dentro das actividades programadas para o DÍA da PAZ hoxe tocounos asinar a nosa propia TREGUA OLÍMPICA no muro situado no patio do centro.
Esperamos que tamén as familias vaían asinando nestes días.
No blog da Bibliobn tedes a guía de libros da " Paz Olímpica".





venres, 22 de xaneiro de 2016

RELEVO INFORMATIVO: SARA

Sara trouxo información sobre o balonmán, deporte que practica a súa irmá. Despois de  buscar a icona nas escaleiras pegamos a coroa de olivo coa foto.



TREGUA OLÍMPICA

Para a celebración do Día da Paz, o 30 de xaneiro, e que nós celebraremos o venres 29, estamos a investigar sobre a TREGUA OLÍMPICA.
Cada aula fai un traballo diferente e a nós tócanos a Tregua Olímpica da Era Moderna.
Este Kizoa é o resultado deste traballo.

mércores, 20 de xaneiro de 2016

SEGUIMOS COA CONTA ATRÁS

Seguimos a contar os días que faltna para os xogos de RIO 2016. Hoxe coincidimos no patio cos nenos e nenas da clase de 3 anos e aproveitamos para compartir información: eles nos contaron cantos días faltan para prender a antorcha e nós lles contamos cantos faltan para que empecen  os xogos.


martes, 19 de xaneiro de 2016

venres, 15 de xaneiro de 2016

ENCONTRO DA CONTA ATRÁS

Hoxe empezamos a conta atrás para os Xogos Olímpicos de Rio 2016 con un encontro na Bibliobn.
Vimos unha presentación, situamos no mapa Brasil e Rio, coñecemos as mascotas e presentamos os calendarios que usaremos para a conta atrás e o cartel no que anotaremos os días que faltan.
Xa na clase fixemos a primeira das actividades: contamos cantos días faltan para a cerimonia de apertura, escribimos o número no cartel  e colocámolo no patio xunto cos das outras clses.
Agora teremos que contar para atrás todos os días !


ARTE: CARTEIS OLÍMPICOS

Este é o primeiro traballo sobre os carteis anunciadores dos Xogos olímpicos.

xoves, 14 de xaneiro de 2016

XOGAR A LER

Mañá venres toca "XOGAR A LER", levaremos de novo un libro para casa para ler e desfrutar.
Aquí tedes algúns exemplos do traballo dos nenos e nenas.






DOBLE ANIVERSARIO: LUCÍA E NICOLÁS

Con poucos días de diferencia celebramos os dous aniversarios, parabéns!



xoves, 7 de xaneiro de 2016

mércores, 6 de xaneiro de 2016

RELEVO INFORMATIVO: MIGUEL

Despois de compartir cos nenos e nenas a información traida da casa sobre o TRIATLON  buscamos a icona correspondente e Miguel puxo a súa foto debaixo.



BENVIDOS AO 2016!

Benvidos a un olímpico ano, que o deporte vos acompañe!