xoves, 24 de decembro de 2015

FESTIVAL DE NADAL

Podedes ver todo o relativo ao festival de Nadal no blog do centro, que o disfrutes e BO NADAL!!

martes, 22 de decembro de 2015

xoves, 17 de decembro de 2015

VISITA DO CARTEIRO REAL

Hoxe tivemos unha visita moi especial e moi esperada: a do Carteiro Real, encargado de recoller as nosas cartas para os Reis Magos.

mércores, 16 de decembro de 2015

martes, 15 de decembro de 2015

sábado, 12 de decembro de 2015

TEMPO DE NADAL

Xa estamos en tempo de Nadal e a escola ferve de actividades, dade un paseo polos diferentes blogs para comprobalo.



RELEVO INFORMATIVO: GABRIEL E PABLO

Xa sabesmo máis do VOLEI PRAI  e do BOXEO que son os deportes que trouxeron  Gabriel e Pablo respectivamente.



Despois de explicar ao resto dos compañeiros a información que trouxeron da casa buscamos a icona nas escaleira y pegamos a foto.




mércores, 9 de decembro de 2015

PIZZA

Despois de recoller o ourego do horto, secalo e trituralo xa tan só quedaba usalo en unha receita e iso foi o que fixemos hoxe, empregalo para facer unha pizza.
Primeiro traballamos a receita vendo os ingredientes y a orde en que hai que usalos e xa nos puxemos mans a ...masa.
Recortamos os ingredientes e pegámolos na receita en orde.
Con un molde recortamos a pizza, botamos salsa de tomate, queixo,  ourego e metemos as pizzas no forno.
Cada un levou a súa para casa.

luns, 7 de decembro de 2015

ENCONTRO MUSICAL

Para celebrar  a patroa da música, Santa Icía, tivemos a visita de Victor con unha importante sorpresa: unha canción composta para nós e que rapidamente aprendemos.
Se queredes escoitala visitade o blog da biblioBN.

xoves, 3 de decembro de 2015

PREMIO

O noso proxecto do curso pasado " Pastoriza: 101 nomes" acaba de gañar un dos premios do II Concurso de Traballo por Proxectos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia..
MOITAS GRAZAS a quen coordinou o traballo e nos empuxou a traballar cada día co mellor dos ánimos para chegar ata aquí.


3 DE DECEMBRO: DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para celebrar este día tivemos un encontro na biblioteca con INDALECIO IGLESIAS un xogador de tenis de mesa que prticipou no xogos de Barcelona 1992 y agora entrena a futuros campións.
Con este encontro introducímonos nos Xogos Paralímpicos e AIDA presentounos as 23 disciplinas das Paralimpiadas.
Tedes toda a información no blog da biblioBN




Despois do encontro, xa na clase, traballamos con unha noticia que apareceu o día 29 de novembro no xornal La Voz de Galicia e que conta a historia de SARA, unha nena con parálisis cerebral a quen o deporte lle cambiou a vida.



mércores, 2 de decembro de 2015

XIMNASIA RITMICA

Hoxe Mar trouxo a clase a súa cinta de ximnasia rítmica para amosarlla a todos os nenos e nenas do cole e puidemos practicar con ela. Foi moi divertido!


ANIVERSARIO

Esta vez son dous os aniversarios que celebramos esta semana, os de Mar e Xoel.
Parabéns!



martes, 1 de decembro de 2015