Hoxe no xornal de "La Voz de Galicia" sae unha noticia do noso colexio onde falan do noso blog de Voz Natura e din que é moi inteesante.
Tamén podemos ver a noticia no propio blog de Voz Natura.
luns, 28 de novembro de 2011
PARABÉNS CAROL
Xa todos temos 3 anos en clase, xa que só faltaba Carol que estivo de "cumple" hoxe.
Mirade que guapa coa súa coroa !!!
Parabéns Carol!
Mirade que guapa coa súa coroa !!!
Parabéns Carol!
sábado, 26 de novembro de 2011
MIFI
Mifi é un coelliño branco que nos presentou Mª José na clase o outro día. Como nos gustou moito o conto o venres levamos un para a nosa casa que teremos que coidar moito.
martes, 22 de novembro de 2011
MENUDA FESTA!!!
Menuda festa tivemos hoxe no colexio!!!
Pola tarde fomos ao colexio coas nosas familias para que todos visen o cole tan bonito que temos e no que pasamos tanto temnpo.
Acompañáronnos papás,mamás, irmáns, primos, amigos que estiveron antes no colexio, profes que tamén estiveron traballando aquí. Otras quixeron vir pero polo seu traballo non puideron.
A todos lles damos as grazas por compartir con nós este día tan especial
Nesta presentación vai unha pequena mostra do que foi a festa.

luns, 21 de novembro de 2011
APRENDEMOS A FOTOGRAFIAR
Hoxe tivemos unha visita moi especial no colexio: un fotógrafo.
Icía, da aula de 4 anos, ten un tio que é fotógrafo e que se chama José Fernández. Hoxe estivo no colexio explicándonos moitas cousas interesantes sobre a fotografía. Ensinounos como funciona unha cámara , o que é un obxectivo, que os hai de diferentes tipos, para que podemos usar as fotos, como se revelan....
Seguro que sacaremos moito proveito das cousas que nos ensinou.

domingo, 20 de novembro de 2011
xoves, 17 de novembro de 2011
INVITACIÓN
Esta é a invitación que os nenos e nenas levaron hoxe para casa : celebraremos unha festa o MARTES, 22 de NOVEMBRO ás 5:15 na escola de BARRIONOVO, para que todos teñades a oportunidade de coñecer o centro e desfrutar xuntos dunha tarde diferente.
ESPERÁMOSVOS A TODOS E TODAS!!!!!
ESPERÁMOSVOS A TODOS E TODAS!!!!!
luns, 14 de novembro de 2011
PARABÉNS XAVIER !!
Hoxe cumpriu XAVIER 3 anos e todos lle cantamos para celebralo, el nos regalou un paquete de "chuches"a cada un.
PARABÉNS XAVIER!!!!!
PARABÉNS XAVIER!!!!!
venres, 11 de novembro de 2011
CESTAS PARA CASTAÑAS
Isto é o resultado da colaboración das familias para a celebración do Magosto. GRAZAS A TODOS.
SAN MARTIÑO E O MAGOSTO
Hoxe, día de San Martiño, celebramos o MAGOSTO no colexio.Ao longo da mañá tivemos varias actividades:
primeiro fixemos unha exposición en clase das cestas tan fantásticas que fixemos na casa.
Depois fomos a biblioteca onde Mª José nos contou o conto " el gato tragón", que nos gustou moito.
Por último comemos as castañas que nos asou Marta, da panadería a Biscotte e que estaban ben boas e a quen lle damos as grazas.
GRAZAS papás, mamás, avós e avoas pola vosa colaboración.

mércores, 9 de novembro de 2011
O VENRES FAREMOS O MAGOSTO
O próximo venres día 11 celebraremos o MAGOSTO no colexio. Para meter as castañas que imos comer precisamos que fagades na casa, coa axuda dos nenos e nenas, un recipiente con algo reciclado.Podedes usar un brik de leite ou zume, un bote algo grande, botellas de plástico....E podedes adornalo como vos guste.
Na seguinte presentación tedes varios exemplos para que vos podades orientar.
Na seguinte presentación tedes varios exemplos para que vos podades orientar.
luns, 7 de novembro de 2011
MAGOSTO
Xa estamos no tempo das castañas e con elas chega o magosto. Na claseo xa nos estamos preparando facendo adornos para que o colexio estea ben bonito.
Se queredes ver actividades do magosto podedes consultar o blog da nosa BIBLIOTECA.
Se queredes ver actividades do magosto podedes consultar o blog da nosa BIBLIOTECA.
sábado, 5 de novembro de 2011
APRENDEMOS A COIDAR OS BOSQUES
O venres visitóunos un axente do SEPRONA para explicarnos o que fan para coidar os montes, os rios, os animaís , como loitan contra os incendios.
Tamén nos explicou o que podemos facer nós e as nosas familias para contribuír a coidar o medio ambiente.
Todos estivemos moi atentos e de seguro que aprendemos moitas cousas que nos serán moi útiles.
Tamén nos explicou o que podemos facer nós e as nosas familias para contribuír a coidar o medio ambiente.
Todos estivemos moi atentos e de seguro que aprendemos moitas cousas que nos serán moi útiles.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)