Hoxe foi o gran día e empezamos regalando sorrisos e rematamos comendo "palomitas de maíz".
Polo medio tivemos dous contos, unha canción, dous recitados e o cariño das familias. Foi un estupendo PAZticipa.
luns, 30 de xaneiro de 2012
venres, 27 de xaneiro de 2012
xoves, 26 de xaneiro de 2012
PAZ, PAZ ,PAZ...
Seguimos coas actividades para o día da PAZ. Estas son as nosas mans convertidas en pombas.
Tedes outras acitidades no blog da BIBLIO BN
Tedes outras acitidades no blog da BIBLIO BN
luns, 23 de xaneiro de 2012
PAZ
Seguimos recibindo mensaxes relacionadas coa PAZ de parte das familias dos nenos e nenas. Podedes ver as fotos na blog da Biblioteca.
xoves, 19 de xaneiro de 2012
SEMENTAMOS E MEDIMOS
Hoxe fomos traballar a horta, primeiro puxemos sementes de piñeiro, pradairo e carballo para ver se nacen.
Despois medimos para poder repartir a horta para as tres clases. Por último teremos que deseñalo y pensar que imos plantar.
Despois medimos para poder repartir a horta para as tres clases. Por último teremos que deseñalo y pensar que imos plantar.
PARBÉNS ANA
Hoxe ANA estivo de cumple e todos lle cantamos, despois repartimos as "chuches".
Parabéns para ti ANA
Parabéns para ti ANA
mércores, 18 de xaneiro de 2012
DÍA DA PAZ

WEATHER CHART
A profe de inglés, Pilar, preparou un WEATHER CHART para usar nas rutinas e para que podamos ampliar o noso vocabulario.
martes, 17 de xaneiro de 2012
VISITA DO XARDINEIRO
Seguimos recibindo visitas moi interesantes no noso colexio. Hoxe tocóulle a Jose, o papá de Nicolás da clase de 4 anos e que é xardineiro.Foi unha charla moi proveitosa: explicóunos como se deseña un xardín, un horto, que ferramentas se usan e para que. Agora xa estamos preparados para facer o deseño do noso horto. Grazas Jose.
luns, 16 de xaneiro de 2012
domingo, 15 de xaneiro de 2012
SEMENTANDO
Para o noso proxecto " UN CURSO NUN BOSQUE ANIMADO" nada mellor que empezar plantando as sementes das que sairán as árbores que seguramente plantaremos nalgún monte de Arteixo: carballo, piñeiro e pradairo.
Como primeira actividade observamos as sementes, a súa forma, tamaño...
Vimos o que necesitan para crecer : terra, auga e luz.
Para comprobar o efecto da luz unha das sementes metémola dentro dun armario onde non hai nada de luz.
Por último anotamos a data na que sementamos para despois ir comprobando como vai crecendo.
Dámoslle as grazas a María por axudarnos a SEMEMTAR.

luns, 9 de xaneiro de 2012
REIS MAGOS
Xa estamos de volta das vacacións de Nadal. Na clase esperábannos os agasallos que os Reis Magos nos deixaron para todo se tamén había unha carta con un saúdo.
Pasámolo moi ben contando o que os Reis Magos nos deixaron na casa e como foron as vacacións.
Pasámolo moi ben contando o que os Reis Magos nos deixaron na casa e como foron as vacacións.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)