martes, 31 de marzo de 2015

DOUS POR UN

Nada mellor que compartir un biscoito para un bo aniversario. Parabéns MARTÍN e ANXO.


FALANDO DAS NOSAS RÚAS

Encontrámonos na biblioteca para explicar a nosa rúa ao resto de compañeiros e compañeiras.


luns, 30 de marzo de 2015

PAISAXE CON ÁRBORES

Esta é a recreación que fixemos do cadro de LUIS SEOANE " Paisaxe con árbores".
Para esta actividade empregamos teas de refugallo que pegamos sobre as árbores pintadas.
Tedes información desta actividade no blogue de VOZ NATURA e no de NOVOS NO BARRIO.



MONTANDO UN ESCORNABOT

Pasamos unha xornada moi divertida  montando o escornabot coa axuda de Paco.




luns, 23 de marzo de 2015

CHEGOU A PRIMAVERA

Hoxe celebramos o comezo da primavera con varias actividades na biblioBN: un conto con agasallo, unha poesía das estacións do ano e a música de Vivaldi.
Para rematar plantamos bulbos de tulipán e fixemos un con cartolina para levar para casa.
Tedes toda a infornación no blogue da biblioBN

mércores, 18 de marzo de 2015

sábado, 14 de marzo de 2015

FOR THE BIRDS

Así vimos a curta deste venres.



ENCONTRO NAS REDES

Neste encontro Raquel falounos da importancia do traballo das redeiras para a pesca e amosounos como se fai unha rede, que agullas se usan e como teñen que ser  segundo os peixes que teñamos que pescar.

 Despois de intentar facer unha, comprobamos se con ela pescaremos peixes grandes ou pequenos.


mércores, 11 de marzo de 2015

SOMOS NOTICIA

Estes días somos noticia en diferentes medios y por diferentes razóns.
Visitade o blogue da EEI BARRIONOVO para comprobalo.


COMPLETANDO O RUEIRO

Hoxe fixemos a nosa aportación para completar os paneis que temos no patio das rúas de Pastoriza. Recordamos a artistas que xa traballamos: JUAN DE JUNI, MIRÓ e PICASSO, escribimos os nomes  en imáxenes deles e despois  pegamolas.


luns, 9 de marzo de 2015

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe celebramos no centro o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER acompañados de mamás, avoas, representante do Concello e do CIM. Aproveitamos para presentar o tríptico  "A  muller nas rúas de Pastoriza".
Grazas pola vosa presenza!


domingo, 8 de marzo de 2015

xoves, 5 de marzo de 2015

VISITA A BELAS ARTES

Precioso día o que tivemos hoxe para ir a visitar a exposición de PICASSO no Museo de Belas Artes,onde coñecemos o traballo do pintor cando aínda era neno e vivía na Coruña.
Grazas a todos os que nos axudaron a facer desta visita tan amena e divertida!